O Parlamento galego e a Asemblea lexislativa de Salvador de Baía exploran posibles vías de colaboración, especialmente no ámbito da lusofonía.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, recibe á secretaria da Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía, María del Carmen Lula, e á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez

Por Europa Press

O titular da Cámara galega, Miguel Santalices, recibiu este mércores á secretaria desta asemblea, María del Carmen Lula, quen estivo acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco.

No encontro, Santalices mostrouse receptivo á proposta da Asemblea lexislativa de Salvador de Baía e lembrou que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, en 2014, a lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, xurdida por iniciativa popular.

Dita norma, conforme sinalou a Cámara galega, indica que deberán ser promovidas as relacións a todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa.

[Imaxe: Parlamento de Galicia – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]