Os artigos do escritor vienés son un canto de amor á literatura

Retrato do escritor vienés Stefan Zweig. Á dereita, portada da edición de Cantil de «Encontros con libros».

Por H.J.P.

É sempre un pracer ler a Stefan Zweig (1881-1942). A súa prosa é un manxar delicioso, máis aló do que aborda, sexa biografía, novela, ensaio… Esa verdade é incuestionable nos textos que compila o estudoso Knut Beck en Encontros con libros -apuntas e prólogos-, xa que cada peza é un canto de amor á literatura.

Zweig zumega paixón, sensibilidade, intelixencia, coñecemento e capacidade de relación e todo multiplica a súa harmonía nestas reflexións porque el, sinxelamente, adora as historias.

Balzac, Joseph Roth, Flaubert, Goethe, Joyce, Rilke son algunhas das estacións deste belo percorrido.

Pero aínda máis gozoso móstrase o autor vienés cando non trata casos concretos, como ocorre no libro como acceso ao mundoO libro como imaxe do mundo e sobre todo Regresar aos contos, un artigo que celebraría o mitólogo Joseph Campbell.

Tras enumerar distintos lugares e culturas do planeta, Zweig conclúe: «Cada un destes pobos ten os seus propios deuses; as linguas non teñen nada que ver unha con outra, nin sequera proceden dun tronco común; o ceo baixo o que viven, a terra que pisan, a forma e a cor do seu corpo non poden ser máis distintos, pero o conto que lles infunde alento é o mesmo en todas partes». En fin, unha viaxe marabillosa.

[Fonte: http://www.lavozdegalicia.es]