Viralizase a denuncia dun estudante que criticou a resposta da profesora. A UDC xa se desculpou co estudante pola resposta da docente.

Unha das viñetas de Castelao sobre o galego

« Finalmente, me parece justo comentarte que no puedo corregir la redacción en gallego, como ya imaginarías. Los textos que no entiendo los traduzco en Google, y valoraré la redacción según el texto que me des ». Esta foi a contundente resposta que deu unha docente da Universidade da Coruña (UDC) a un alumno que presentou un traballo en galego e que decidiu denuncialo en redes.

@antonio_cendan colgaba na súa rede social, apuntando que era a resposta que lle dera a súa profesora. « Ano 2020 universidade pública galega« , indicaba na súa conta de Tuiter. Un chío que se fixo rapidamente viral tendo numerosas reaccións, case todas apoiando a túa denuncia pública e criticando a actitude da docente.

Algúns deles lembran que a normativa da lingua galega da UDC subliña que o galego será a lingua de « uso » desta universidade e calquera conduta por parte dun profesor que vulnere esta norma é motivo de denuncia.  « Non contaba ter tal repercusión, mais falando cunha compañeira que recibiu a mesma mensaxe, esperamos que se tomen as medidas precisas e agardamos por unha desculpa, pero tendo sempre claro que cando se trata da defensa da lingua calar non é unha opción », escribía logo o estudante tras a repercusión do seu tuit inicial. »

DESCULPA DA UDC

A Universidade da Coruña, pola súa banda, xa se pronunciou sobre a polémica e dirixiuse directamente aos alumnos afectados a través do seu perfil oficial na rede social’.

« Trasládovos a ti e á túa compañeira a desculpa da institución. É lamentable. Calar non é unha opción cando traballamos arreo por unha universidade pública, galega e feminista », sinala a universidade na súa resposta.

 

[Imaxe: cantoghalpon.com – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]