As Neves foi outro dos topónimos deturpados, recollido como ‘Nieves’.

Topónimos deturpados nun tren de Renfe

Topónimos deturpados nun tren de Renfe | Fonte: A liña do galego

A polémica da lingua, tema espiñento coma poucos, vén de cruzar camiños cunha das empresas máis criticadas nos últimos meses: RENFE. A entidade pública, que dende o desconfinamento de xuño vén de recibir ataques pola redución de traxectos en Galicia, segue a colleitar o rexeitamento dunha parte de tuiteiros galegos que, estes días, atoparon indignante un novo movemento da compañía.

Desta vez, a cousa vai de lingua, e ten que ver cos anuncios que os trens da compañía con sede en Madrid fai das vilas galegas polas que pasa o seu servizo. As alarmas saltaron cando os usuarios dun traxecto saínte de Vigo advertiron que algúns dos topónimos galegos foron recollidos pola compañía nunha forma castelanizada, ben diferente da recoñecida como legal polas institucións.

En cuestión de minutos, as imaxes publicadas contaban con múltiples mostras de rexeitamento por parte dos tuiteiros da esfera galega.

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]