Frame da serie Jardines Históricos

 

Por ÍÑIGO MOUZO RIOBÓ

“Nados sobre as ruínas de antigas fortalezas do século XV, seguen hoxe en pé os pazos de Oca e Santa Cruz de Ribadulla, dous dos máis emblemáticos de toda Galicia. Tras os seus recintos amurallados, súas casas señoriais, bosques, hortas e xardíns conservan a súa peculiar beleza melancólica”.

Así nos presenta RTVE un novo programa sobre estes dous excepcionais pazos galegos. Trátase dun capítulo da súa serie Jardines Históricos emitido cada sábado en La 2 e que fai un intenso percorrido polos principais xardíns da xeografía española. O programa foi emitido o pasado sábado 16 ás 18 horas e agora pode verse na súa web A la Carta.

https://www.rtve.es/alacarta/videos/jardines-con-historia/galicia-pazos-oca-santa-cruz-rivadulla/5763591/

[Imaxe: RTVE – fonte: http://www.historiadegalicia.gal]