A obra de estilo decimonónico mostra que aínda lectores ao aparecer tamén nas súas versións danesa e italiana

Las tres nuevas ediciones de la novela fueron presentadas en el Casino de Santiago

As tres novas edicións da novela foron presentadas no Casino de Santiago:

Escrito por MONTSE GARCÍA

O estudante Gerardo Roquer fala en tres novas linguas. 106 anos despois de que Alejandro Pérez Lugín (Madrid, 1870-A Coruña, 1926) escribise A Casa da Troia, a novela acaba de ser traducida por primeira vez ao galego, ao danés e ao italiano. Desta forma, xa son seis os idiomas aos que foi trasladada esta obra que recrea a vida universitaria compostelá da segunda metade do século XIX, xa que con anterioridade tamén se editou en portugués, inglés e francés.

«É unha cuestión de xustiza literaria que A Casa da Troia estea traducida ao galego. O que parece incrible é que houbese que agardar 106 anos, desde o 1915, para ter unha versión en galego desta novela», afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no acto organizado polo museo Casa da Troia para presentar estas tres novas publicacións do texto de Pérez Lugín. A edición en galego, a cargo de Auga Editora, foi realizada por Mercedes Pacheco, que afirmou que se trata dunha das novelas non escritas en galego «que reflicten mellor o que é a esencia galega de todo un pobo e dunha cidade, como é Santiago». Ademais, reivindicouna como «un clásico, que non sempre estivo valorado». Precisamente, no feito de ser un clásico, o secretario xeral de Política Lingüística enmarcou a necesidade de traela á lingua de Rosalía.

Pola súa banda, Pia Poulsen foi a encargada da versión danesa, que viu a luz da man da editorial Aurora Boreal do país nórdico en colaboración co museo Casa da Troia. A tradutora -que sinalou que comparte con Gerardo Roquer que foi ben acollida en Compostela e o seu vínculo coa Universidade de Santiago- destacou que un dos desafíos aos que tivo que enfrontarse foi o de diferenciar o galego e o castelán que aparece na obra de Pérez Lugín. Tampouco foi fácil trasladar o estilo cervantino, con estruturas longas, ao danés. Outro dos retos foi o dos alcumes. «Tiven que traducilos ao danés para que puidesen gozar de eles», relatou Poulsen.

Pola súa banda, a edición italiana da Casa da Troia foi confeccionada por un colectivo de alumnos da Universidade de Padua, a Associazione Culturale Calzae Academia, que, co gallo dos seus 800 anos, publicou unha serie de volumes dedicados á historia estudantil.

O presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns -entidade que xestiona o museo Casa da Troia-, Benigno Amor, destacou a importancia das novas traducións da obra de Pérez Lugín. «Hoxe vemos con satisfacción que esa pequena historia romántica co fondo da Compostela universitaria do século XIX segue atraendo lectores e nos axuda a comprender mellor onde estamos e de onde vimos», afirmou, apuntando que están abertos a ampliar a divulgación que pode ter a novela. Para a presentación das tres novas edicións elixiron como espazo o Casino de Santiago, un dos lugares históricos que aparecen nesta narración literaria.

 

 

[Fonte: http://www.lavozdegalicia.es]