A Cámara galega aprobou, por unanimidade, unha iniciativa do BNG para instar á Xunta a « normalizar » a presenza do galego nos centros sanitarios e garantir a existencia de exemplares na lingua propia de Galicia de toda a documentación que se deba facilitar aos pacientes.

Os deputados durante a comisión de Sanidade

Os deputados durante a comisión de Sanidade.

 

A proposta do BNG saíu adiante este xoves na comisión de Sanidade e tamén demandou ao Goberno galego a realización de « todas as actuacións formativas precisas » para que os profesionais dispoñan da competencia lingüística necesaria para atender os pacientes en galego e para que coñezan « os dereitos lingüísticos que os asisten ».

 

[Imaxe: Parlamento de Galicia – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]