A falta de control na concesión das axudas da Xunta de Galiza á tradución de textos literarios provoca a aparición de actores non profesionais que se benefician das subvencións repartidas con diñeiro público. A Asociación Galega de Editores mostra o seu rexeitamento á falta de filtros con que se concederon estas axudas.

Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editores

Escrito por Manuel Xestoso
A recente resolución da convocatoria de Axudas á Tradución da Xunta de Galiza espertou o rexeitamento das editoriais que, como publicaba Nós Diario na pasada terza feira, indignábanse ante o feito de que o groso das axudas se dirixan a traducir obras do castelán ao galego, a financiar até tres traducións diferentes da mesma obra ou a primar o volume dos libros sobre a súa calidade literaria.

Tampouco se lles esixía ás empresas postulantes que demostrasen profesionalidade ou, polo menos, unha mínima traxectoria no mundo da edición. E iso pode dar lugar a sorpresas desagradábeis.

Falta de control

Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), sinala que “en varias ocasións de palabra e desde febreiro por escrito, pedímoslle á Xunta que as empresas que resulten beneficiadas das axudas deben ser profesionais da edición debidamente acreditadas, mais na convocatoria quedou claro que ignoraron as nosas peticións e suxestións”.

Alvarellos cre que “o intrusismo está dándose tamén noutro tipo de axudas á edición nas que tamén aparecen como beneficiarias asociacións que teñen outras canles para recibir financiamento. Esta situación está provocando que entren na repartición de fondos públicos este perfil de empresas que fan edicións de baixa calidade, ou mesmo que lles piden aos autores que paguen a publicación do seu peto e que logo acceden a axudas públicas. Eses mecanismos non son de recibo e isto xa llo advertimos á Xunta en moitas ocasións”.

“O 24 de febreiro remitímoslle á Xunta unha proposta de mellora para estas axudas con doce puntos”, continúa Alvarellos, “nos que instabamos a vixiar a profesionalidade das empresas que concorren ás axudas públicas, ademais doutras peticións, como que se valore o currículo dos tradutores nas puntuacións, que tamén foron ignorados”.

Algún dos libros publicados por Tegra foi, efectivamente, financiado por campañas de micromecenado, e agora a empresa reclama unha axuda para a tradución dunhas obras cuxa edición non financiou.

“O 24 de febreiro remitímoslle á Xunta unha proposta de mellora para estas axudas con doce puntos”, continúa Alvarellos, “nos que instabamos a vixiar a profesionalidade das empresas que concorren ás axudas públicas, ademais doutras peticións, como que se valore o currículo dos tradutores nas puntuacións, que tamén foron ignorados”.

O traballo das editoras non se limita a edición: é precisa unha distribución por puntos de venda e un plan para que cada libro chegue aos lectores. A convocatoria deste ano tampouco tiña en conta este punto.

« É un dos puntos máis delicados do labor das editoras », explica Alvarellos. « Se editas un libro e logo non tes como vendelo é como se non fixeses nada, o traballo non ten proxección social. Nós pedímoslle á Xunta que se exixise un plan de comercialización e distribución para conceder as axudas, xa que este é unha garantía de profesionalidade, pero esa petición tampouco foi escoitada ».

« Resulta evidente que precisa de máis axudas unha obra de catrocentas páxinas que unha de cen. Pero hai que facer un balance que teña en conta o valor cultural da obra: non son o mesmo catrocentas páxinas de James Joyce que de Ken Follett. A sutileza no uso do idioma non é a mesma e, daquela, o traballo de tradución tampouco é o mesmo », di Alvarellos.

Extensión e orixe

A respecto dalgúns puntos, a Xunta si escoitou as suxestións da AGE, mais sen matizar. « É o caso da extensión das obras », prosegue Alvarellos. « Resulta evidente que precisa de máis axudas unha obra de catrocentas páxinas que unha de cen. Pero hai que facer un balance que teña en conta o valor cultural da obra: non son o mesmo catrocentas páxinas de James Joyce que de Ken Follett. A sutileza no uso do idioma non é a mesma e, daquela, o traballo de tradución tampouco é o mesmo ».

Do mesmo xeito, hai que valorar a lingua da que se parte. « Obviamente, é moito máis sinxelo traducir do castelán ou do portugués que de idiomas máis distantes culturalmente. Por razóns que calquera pode entender, unha editora vai ter máis dificultades para atopar un tradutor profesional que poida verter ao galego un texto orixinal en islandés ou en coreano que un que o faga desde coreano o castelán ou o portugués. E ese esforzo tamén debería valorarse á hora de conceder unha axuda », razoa Alvarellos.

Picaresca

A aparición espontánea dun actor novo no mundo da edición debería levantar, cando menos, algunha prevención nas institucións das que depende o destino dos cartos públicos.

Mais a falta de filtros que propicia estes episodios de picaresca non son novos nin descoñecidos para os editores, aínda que cren que a solución está nas mans da Xunta. “A Consellaría coñece perfectamente cales son as empresas que traballan con seriedade”, declara Alvarellos. “Na AGE estamos asociadas 42 editoras, algunhas con moitos anos de traballo detrás, todas elas cun perfil ben claro e transparente. Se algunha empresa que non forma parte deste núcleo recibe subvencións é porque a Xunta non quixo ver o que sucedía: xa sexa por desleixo ou por calquera outra razón, deberían detectar que algo estaba pasando. Que sucedan este tipo de cousas é lamentábel”.

[Fonte: http://www.nosdiario.gal]