A mostra puido verse por primeira vez en España no Espazo Fundación Telefónica de Madrid en 2016 e, desde entón, pasou en dez ocasións por diferentes centros do país.

Exposición 'A arte no cómic'. FUNDACIÓN TELEFÓNICA

Exposición ‘A arte no cómic’. FUNDACIÓN TELEFÓNICA

Por E.P.

Unha exposición recolle no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o próximo 11 de novembro a visión de 70 ilustradores contemporáneos sobre grandes obras da pintura universal.

A mostra ‘A arte no cómic’, promovida polo Concello de Pontevedra e a Fundación Telefónica, foi inaugurada este xoves polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Férnandez Lores, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces.

Un acto de inauguración ao que tamén asistiron o director de Coñecemento e Cultura Dixital e do Espazo Fundación Teléfonica, Pablo Gonzalo, o historiador e comisario da mostra, Asier Mensuro, e a artista María Ferreiros.

En palabras da edil, trátase dunha exposición « distinta e renovada, moito máis grande que a orixinal », pois achega obra nova como a de María Ferreiros, que expón por primeira vez os orixinais do seu cómic Georgia O’Keeffe, creado durante o confinamento.

Asier Mensuro puxo en valor o talento co que conta a cidade grazas á Facultade de Belas Artes, da que saíu o artista Brais Rodríguez ou tamén O Garaxe Hermético do que procede Cynthia Alfonso, que creou obra nova en concreto para esta exposición.

Pola súa banda, o alcalde coincidiu coas palabras de Mensuro sobre o potencial e o talento co que conta esta capital e coas súas referencias a Pontevedra e o cómic. « Sempre está ben que estas cousas dígaas xente que non é de aquí para non parecer presumidos », ironizou.

« Orgullo de cidade e a cidadanía que a conforma. Este é un proxecto colectivo de cidade de vangarda », manifestou Fernández Lores, que tamén apuntou que a colaboración con Fundación Telefónica comezou hai varios meses organizando unhas xornadas formativas e dese encontro xurdiu a proposta de compartir os seus fondos de arte.

A mostra poderá visitarse ata o 11 de novembro no horario habitual da sala: de martes a venres de 18 a 21 horas. Durante o fin de semana, os sábados estará aberta de 12 a 14 e de 18 a 21 horas e os domingos de 12 a 14 horas. A mostra puido verse por primeira vez en España no Espazo Fundación Telefónica de Madrid en 2016 e, desde entón, pasou en dez ocasións por diferentes centros do país.

 

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]