Archives des articles tagués Galiza

A Mesa denuncia « vulneración » dos dereitos lingüísticos e anuncia que acudirá á Xunta.

Imaxe de arquivo dun xuízo. Pool

Nova denuncia a respecto do emprego da lingua galega na Administración. A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer públicas unhas estatísticas a respecto do emprego do galego nos xulgados da Comunidade que dan proba dun uso pouco menos que testemuñal. En total, e segundo datos da plataforma, nos xulgados do social o emprego do galego é inferior ao 1%, unha circunstancia que a Mesa entende como « vulneración dos dereitos lingüísticos ».

A problemática que, a ollos da plataforma, subxace ao reducido emprego non é outra que unha « estranxeirización » do galego nos eidos legais. Neste aspecto, a plataforma comandada por Marcos Maceiras denuncia que a aplicación Minerva –empregada para tramitar os expedientes legais– nin sequera está dispoñible en lingua galega. Esta carencia « fai imposíbel o uso do galego por parte dos e das profesionais da administración pública de xustiza », segundo explican.

Neste contexto, a Mesa denuncia un incumprimento « sistemático » da Carta europea das linguas minorizadas, que sinala que, de darse a petición dunha das partes dun proceso xudicial, este terá que se celebrar na lingua minorizada. En Galicia un 20% dos xuízos reciben tal petición, pero só o 1% do total remata facendo emprego do galego, proporción que, a ollos da Mesa, constitúe un incumprimento da nomeada regulación europea.

A XUNTA « NON PON INTERESE »

Ante estas circunstancias, a Mesa anuncia que vén de solicitar unha xuntanza co director xeral de xustiza da Xunta de Galiza para instalo a iniciar « canto antes » a tradución da aplicación Minerva e dos seus modelos. O obxectivo é que a norma apuntada, á que se une o Estatuto e a normativa de normalización lingüística, sexa cumprida. « A pesar da normativa que defende o seu uso, o galego está presente en menos do 5% da documentación xerada pola xustiza no noso país, sen que a Xunta poña interese en solucionalo », lamenta o presidente da plataforma, Marcos Maceira.

[Imaxe: arquivo dun xuízo. Pool – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

‘Chegadas, saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela-A Coruña é o título do volume compilado por Manuel Pazos no que fai un percorrido exhaustivo e emocional pola vella vía de tren entre Compostela e A Coruña. Unha viaxe á situación na que está a infraestrutura que logrou manterse en pé até hoxe.
Imaxe da antiga estación de Oroso, hoxe derruída. (Foto: Enrique Castillo)

Imaxe da antiga estación de Oroso, hoxe derruída.

Escrito por Ana Triñáns

« Tentei elaborar un volume que constituíse unha documentación complementaria, non só con carácter técnico senón tamén literaria, con poemas e con fotografía, o que nomeei ‘fotopoemas’, cos testemuños da xente… Un libro para o público xeral ». Así presenta Manuel Pazos o seu volume Chegadas, saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela-A Coruña, editado pola A. C. Obradoiro da História e co patrocinio do Concello de Oroso.

Esta publicación de case 200 páxinas e que combina documentación técnica, mapas, fotografías, versos e memoria oral, tardou en xestarse arredor de ano e medio. Un tempo no que o autor percorreu o tramo da vía férrea da liña Zamora-A Coruña que comunicaba a capital galega, Compostela, e a cidade herculina. Neste camiño puido comprobar en primeira persoa o abandono no que permanece este capítulo da historia socioeconómica da área noroccidental da Galiza.

A obra dos autores Lluís Prieto e Pedro Pintado, O ferrocarril directo á Galiza, foi para Manuel Pazos un cimento importante a partir do que construír a súa obra, coa que, entre outras cuestións, consegue darlle á historia do tren « o carácter galego necesario para entender a xente », e o seu vencello co tren.

A estrutura deste volume

Chegadas, saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela-A Coruña constitúe un documento pormenorizado da historia deste tramo da vía Zamora-A Coruña. Nel, Manuel Pazos compila a cronoloxía dun século de comunicación entre Galiza e Castela por tren, entre 1858 e 1958.

A construción e posta en funcionamento do cuarto treito desta vía, o que uniría as cidades de Compostela e da Coruña, é outro dos capítulos do libro, no que non se pasan por alto nin os anos da represión nin a visita do ditador Franco para inaugurar o tramo, en 1943. « Moita xente maior acórdase da apertura da vía, cando veu Franco », explica Pazos, « moita desa rapazada agora ten arredor dos 80 anos e viron inaugurar o tren, fechar a vía… Nesas persoas ten un impacto que só pasaran 60 anos », recalca o autor.

A partir de aí, a arquitectura que rodeaba cada unha das estacións (con vivendas, almacéns, apeadoiros, depósitos da auga, aseos, túneles…) e a fiel descrición das súas estacións e dos elementos máis destacados do percorrido completan un catálogo ao que se une a memoria oral da xente coa que se entrevistou Manuel Pazos e a combinación poética que elixiu.

Unha ollada desde a lírica

O que le chama « fotopoemas » son conxuntos de fotografías e fragmentos poéticos de autores e autoras de todo o mundo nos que o tren é protagonista. Desde o afamado « Na chegada a Ourense da primeira locomotora » de Curros, até « O tren » que cantaba Andrés do Barro, pasando por Gerardo Diego, Pablo Neruda ou Fernando Pessoa, percorren o volume de Manuel Pazos ilustrando imaxes dos anos 50 e 60 até instantáneas máis recentes daqueles puntos máis importantes da vella vía.

Do abandono á Vía Verde

« O que pasou con esta vía está a pasar con outras, onde se comezan a transformar os percorridos co gallo de habilitalos para os trens de alta velocidade », advirte Manuel Pazos, quen lembra que as estacións « quedaron abandonadas e a xente entrou e levou fotografías, reloxos… ». « Ninguén desde Madrid, desde Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), tivo a preocupación de protexer ese patrimonio, non só arquitectónico senón tamén documental », denuncia.

E o fío da creación da Vía Verde entre a Sionlla e Meirama, o tramo no que xa non queda vía, Manuel Pazos expón que entre o abandono da vía e esta iniciativa « o que non se fixo foi aproveitar os raís, como se fai por exemplo en Escocia, onde se lle dá ao tren un sentido turístico e de proximidade, utilizando locomotoras a vapor con vagóns de época que levan xente e turistas, cobren unha dupla función ». Por iso, o autor de Chegadas, saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela-A Coruña lamenta a chegada desta Vía Verde sobre o que foi parte da nosa historia.

Abandono de túneles e pontes

A vía que unía Compostela e Meirama (Cerceda) desapareceu case por completo e, con ela, chegaron as silvas e as matogueiras aos camiños, aos túneles e aos viadutos. O abandono das estacións e dos apeadoiros carrexou o estrago e espolio do patrimonio arquitectónico e documental que supuña a contorna dunha estación de tren. Este tramo da liña Compostela-A Coruña é o que agora pasará a formar parte da chamada Vía Verde da Sionlla a Meirama.

 

[Imaxe: Enrique Castillo – fonte: http://www.nosdiario.gal]

Escrito por L. C. Carballal

Pódese escribir sobor dun país e mais un pobo nunha lingua allea? Pódese, xaora, como demostra amplamente a literatura, tanto orixinal coma traducida. E facelo dende as entrañas dese pobo? Non, se non se renuncia a unha certa verosimilitude. Aquí, na nosa terra, que autenticidade reflicte un mariñeiro que se expresa coma un mariñeiro cántabro ou andaluz, ou un labrego que o fai coma un castelán ou estremeño, ou inclusive ambos coma exquisitos literatos? Son completamente ciente de que toda literatura é un artificio pro no caso dos escritores gallegos que describen o noso país adoita selo por partida dupla.

A sociedade galega, nidiamente diglósica dende hai varios séculos, apenas se ve representada na literatura que amosa a nosa sociedade, coma se esta realidade tan omnipresente fose eludida, tanto nos escritores en castelán coma nos en galego. Non se trata de usar unha escritura bilingüe que reflicta fielmente esta realidade, mais tampouco que o leitor descoñeza que os personaxes se están a expresar nun ou noutro idioma como características de seu ou en determinadas situacións, dando ao leitor a crenza dun monolingüísmo social moi distante da realidade, tanto actual coma pasada da nosa terra. Durante moito tempo a literatura española obviaba esta situación, así no noso país coma nos demais territorios bilingües de España, mais actualmente non me parece lícito ocultar algo tan fundamental nunha sociedade determinada como a lingua ou linguas en que se expresa.

Así, en obras en castelán, é frecuente atopar personaxes que calcan o castelán madrileño aínda que reflictan realidades da nosa terra, coma se o castelán de Galiza non tivese unhas características ben remarcábeis, alén do seu inconfundíbel sotaque, tanto na súa morfosintaxe coma no seu léxico, que dean auténtica veracidade aos personaxes.

Moitos escritores gallegos teñen a aspiración, totalmente lexítima, de triunfar en Madride, así foi antano: Ramón del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez, Gonzalo Torrente Ballester, Camilo J. Cela etc.; coma hogano: Julián Ríos, Francisco Narla, Manel Loureiro, Nieves Abarca etc., onde mesmo a famosa activista proespañol Marta Rivera de la Cruz obtivo recompensa como concelleira de cultura da Comunidade Autónoma. Mais eles non fan literatura galega, senón literatura española, porque se procuramos “literatura gal(l)ega” en internet o resultado sempre vai ser literatura escrita en idioma galego, a única que nos identifica como pobo singular.

E coa súa escolla –perfeitamente lícita, volvo lembrar– contribúen ao espallamento e fixación do castelán como idioma culto de Galiza, un proceso que xa é secular, e por iso considero que fan unha “literatura sipaia” –adaptando o substantivo “sipaio” como adxectivo–, pois coma os sipaios, as tropas indíxenas coloniais baixo mando estranxeiro que contribuíron ao dominio da India polos ingleses, eles contribúen ao dominio do castelán na nosa cultura. Que ninguén se deixe enganar, a lingua non é só un simple instrumento lingüístico pra elaborar cultura senón que tamén devén nunha arma ideolóxica en toda sociedade diglósica. Actualmente, coa globalización e o dominio do inglés todas o son, como o demostra as medidas que se toman en Franza pra protexer o francés fronte a aquel. Por isto a literatura gallega en castelán transmite implicitamente unha mensaxe clara: o castelán é o idioma culto e o galego unha simple lingua popular; unha opinión rancia inculcada secularmente aínda vixente no maxín de moitos galegos. Representa unha literatura que reforza o rol de “Galicia” como unha rexión de España fronte a unha literatura galega que proclama a Galiza como unha nazón de España. Sen dúbida, a escolla lingüística indica, de xeito subliminar pro inequívoco, a noción que cada autor ten da nosa terra e da súa cultura.

Porque soamente dende a lingua galega se defende unha cultura galega propia, que grazas ás traducións se pode divulgar entre o resto dos españois e do mundo sen problema ningún. Porque grazas aos millares de autores que decidiron, e deciden, empregar o noso idioma como instrumento prá súa creación a literatura galega existe, eles son os que crean “país”. Sen eles ninguén falaría dunha “cultura galega” tal como hoxe aínda a entendemos.

Noutrora había certas xustificacións técnicas a prol da escolla do castelán como lingua literaria por mor da carencia dunha normativa ortográfica e, sobor todo, dun prestixio literario do galego. Mais hoxe isto mudou radicalmente, e mesmo se pode asegurar que a mellor literatura que se está a facer en Galiza, faise en galego, como demostran os numerosos recoñecementos literarios obtidos fóra do noso país.

Non obstante, debe recoñecerse que actualmente xa hai unha gran porcentaxe de galegos que viven completamente instalados no castelán como idioma propio, cun coñecemento pasivo, e a miúdo defectuoso, do galego, produto do deficiente ensino vixente, malia que xa se cumpran case catro décadas de ensinanza bilingüe. Esta realidade incuestionábel leva a que haxa xente que defende que Galiza ten dúas linguas e ambas representan a nosa cultura, mais eu discrepo: o noso país ten dous idiomas por imperativo histórico e legal, mais soamente un deles é “lingua propia de Galiza”: a galega. A única que nos entronca co noso pasado como reino, é dicir, sendo algo máis ca unha simple rexión española ou as “catro provincias” do noroeste, e nos irmanda con Portugal e demais países lusófonos, dando á nosa cultura unha dimensión tantas veces ocultada; e amais dignifícanos como pobo letrado cunha apreciábel tradición literaria dende a Idade Media. Pola contra, os literatos galegos en castelán deben procurar os referentes literarios primeiros alén de Galiza, fóra dos nosos devanceiros. Habemos acabar como os irlandeses, que procuran os primordios da súa lingua nos antigos textos ingleses mentres que precisan tradutores pra ler os seus textos medievais.

En España, a literatura galega, coma a catalá ou a éuscara, trátanse como unhas literaturas subsidarias da “española”. Cada vez estou máis convencido de que nunca o galego, nin loxicamente a súa cultura, terá un trato de igualdade neste “estado constitucional” e que aceptalo é asumir esta subordinación endémica da nosa cultura, cun porvir de mera supervivencia testemuñal ou de simple extinción paulatina.

Ende mal, non é este, precisamente, un fenómeno excepcional, nin moito menos exclusivo da sociedade galega e demais comunidades bilingües españolas, tamén se dá extensamente noutras comunidades bilingües europeas e, sobor todo, nos estados xurdidos trala descolonización en Asía, África e Oceanía, onde moitos escritores renuncian aos idiomas maternos co norte dun maior suceso empregando os idiomas dos seus colonizadores, perpetuando así un supremacismo cultural colonial en total contradición coa independencia acadada, que deveu en meramente administrativa.

Que ninguén esqueza que sen os sipaios os británicos xamais darían dominado a India, mais hoxe quen os honra?

 

[Fonte: http://www.praza.gal]

Mostra promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

Do 4 de decembro ao 28 de xaneiro pode visitarse na Fundación Curros Enríquez, en Ourense, a exposición Ou soño cubano dá emigración galega, mostra promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo dá Emigración Galega coa colaboración da Secretaría Xeral dá Emigración da Xunta de Galicia.

Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana desde a primeira metade do século XIX. Ao ser a segunda cidade do mundo que máis galegas e galegos acollía, despois de Bos Aires, fixo que a colectividade de Cuba articulásese de formas diversas a través de centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais desde os que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e enviáronse recursos ao país de orixe.

Ou soño cubano dá emigración galega ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, desde a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.

[Fonte: http://www.cultura.gal]

“Son galegofalante”, a iniciativa da Área de Normalización Lingüística.

Doce meses e alumnos e alumnas galegofalantes da Universidade de Vigo contando as súas experiencias, desexos ou consellos en torno ao idioma propio de Galiza. Esta é a idea que se plasma no Calendario 2021 editado pola Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo e que este ano pon no centro ao alumnado falante de galego.

“Malia que somos conscientes de estarmos ante un desafío preocupante e urxente para o futuro do idioma, cómpre recoñecer o labor que, consciente ou inconscientemente, realizan as e os estudantes que deciden vivir en galego na súa cotiandade universitaria”, indican desde a ANL.

Diego, Sara, Sandra, Ana ou Lucas falan nas páxinas do calendario da súa experiencia como falantes de galego no ámbito universitario, e non só nel, e das posibilidades abertas para dar o paso e ser galegofalante.

“Desde a entrada na universidade sentinme máis cómodo á hora de falar galego en comparación co instituto”, afirma Diego Vázquez, estudante de 3º de Educación Primaria no Campus de Ourense. “A universidade é un espazo no que te podes sentir moi cómoda falando galego”, apunta Ana Rodríguez, que cursa 4º de Enxeñería Informática.

Alejandro Guzmán, 2º de Dirección e Xestión Pública, reflexiona sobre a lingua: “Ás veces á xente dálle por pensar que o galego é unha lingua do rural, de xente maior exclusivamente, que non vai co mundo moderno, que non é nada útil, mesmo ás veces pensan que pode ser unha lingua imposta, malia ser a propia do territorio”.

Valeria Martínez, 4º de Belas Artes: “Gústame moito falar galego, amo o idioma, creo que é moi necesario falalo, sexas neofalante, sexas falante de toda a vida. Na universidade hai posibilidades para o galego, pero fan falta tamén ganas e esforzo por parte de todas e todos”.

“Na universidade eu falo galego e non teño a necesidade de cambiar de idioma. Aínda que me falen en castelán, eu respondo sempre en galego. O galego é o idioma que deberiamos preservar”, di Sara Fernández, 1º de Xeografía e Historia.

 

[Fonte: http://www.nosdiario.gal]

Arsenal de Ferrol / foto: hwi62CC0

“As abaixo asinantes, presas políticas de Ferrol na ditadura, tivemos coñecemento polos medios de comunicación que o ministerio de Xustiza está a traballar na reforma do Código Penal que tipificaría como delito a apoloxía ou exaltación do franquismo. Tamén que Adriana Lastra manifestaba que se retirará a simbología franquista que aínda queda en lugares públicos, así como a existencia dun anteproxecto de Lei de Memoria Democrática prohibe actividades de exaltación e enaltecemento da ditadura”.

“Pero manifestamos o noso escepticismo porque desde hai máis de corenta anos é unha evidencia que os sucesivos gobernos dende a morte do ditador Franco non tiveron vontade política para acabar con esta vergoña”. Así fala unha carta enviada á Ministra de Defensa Margarita Robles por 17 presas políticas de Ferrol e na que se denuncia a permisividade coa exaltación do franquismo así como os máis de 23 símbolos e nomes franquistas nas instalacións militares de Galicia.

Capitanía Xeral na Coruña / foto: turismo.gal

A historia dunha esixencia de democracia

Tal e como lembra a carta, xa no ano 1981 fíxose na cidade de Ferrol o primeiro gran intento por retirar os símbolos do franquismo. Foi na alcaldía do socialista Xaime Quintanilla Ulla, na que se aprobou retirar as rúas con significacións franquistas e militares golpistas da cidade. Mentres isto sucedía, como recolle o texto “o Ministerio de Defensa permitía que varias rúas do Arsenal Militar de Ferrol fosen bautizadas con eses mesmos nomes”, que perviven hoxe en día.

Despois, coa aprobación da Lei de Memoria Histórica en 2007, os sucesivos ministerios de Defensa dos gobernos de PSOE e PP non retiraron eses polo menos dez nomes desas rúas franquistas do Arsenal. No ano 2009 o Pleno de Ferrol, alcaldía do socialista Vicente Irisarri e cos votos a favor do PSOE, Esquerda Unida e BNG, pedía ó Ministerio de Defensa o cambio de nomes desas rúas. “Pero Defensa non fixo nada”.

Escola Naval de Marín / foto: Contando Estrelas CC-By Wikimedia

Máis tarde, no ano 2014 a deputada do PSOE no Congreso, María Paloma Rodríguez Vázquez, presentaba en xaneiro de 2014 unha proposición non de lei para que se retirasen esas rúas do Arsenal Militar de FerrolA petición tampouco foi atendida polo goberno de Mariano Rajoy.

Finalmente, xa no ano 2018 o Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas, denunciaba o incumprimento da Lei de Memoria Histórica e apuntaba cara esas placas e nomes das rúas do arsenal. Mesmo se pedía a colaboración de historiadoras como Bernardo Máiz, Xosé Manuel Suárez e Soledad Gómez de las Heras, para presentar o nome de dez persoas relacionadas coa Armada e o Arsenal ferrolán, que loitaron e sufriron polos valores democráticos e cívicos, como reemprazo. Mais tampouco tivo resposta.

Museo Militar de Galicia na cidade da Coruña / foto: Albert Galiza CC-By Wikimedia

23 símbolos e nomes franquistas nas instalacións militares de Galicia

Segundo os represaliados que asinan a carta, a presenza, máis de corenta anos despois do final do franquismo destes nomes no Arsenal, trátase “dunha ofensa á democracia e ás 714 persoas, entre civís e militares, asasinadas polo franquismo na comarca de Ferrol”. Máis a nómina de símbolos franquistas nas instalacións militares de Galicia é aínda maior. Estes son algún deles:

  • CUARTEL SÁNCHEZ DE AGUILERA. Denúnciase que ademais dos dez nomes desas rúas franquistas do Arsenal na cidade de Ferrol poden atoparse outros símbolos. Dentro do mesmo arsenal, no cuartel Sánchez Aguilera aínda se conserva un escudo franquista na súa fachada.
  • IGREXA DE SAN FRANCISCO DE FERROL. Na entrada e en lugar preferente atópase unha gran cruz coa inscrición: Caídos por Dios y por España. Despois unha placa con este texto: La Marina de Guerra a los gloriosos caídos del Baleares, caídos por Dios y por España en el Crucero Baleares ¡Presentes!. Segundo a carta “unha igrexa convertida, coa colaboración do Ministerio de Defensa, nun auténtico museo de exaltación do franquismo”, na que tamén está sinalizada a pía onde foi bautizado o ditador Franco.
  • HOSPITAL JUAN CARDONA DE FERROL. O propio nome xa fai alusión a un militar golpista. Mais na entrada do hospital pode verse a escultura de Camilo Alonso Vega, tamén militar golpista, tenente xeneral, ministro da ditadura que é cualificado nunha placa como un Soldado heroico. Gobernante exemplar. Paradigma de lealtades. Alonso Vega era coñecido entre a militancia antifranquista como “Camulo”, pola represión violenta contra o pobo.

  • COLEXIO MORENO FERNÁNDEZ EN PONTEVEDRA. Segundo a carta “o Defensa se nega dende hai anos a cambiar o nome do colexio Moreno Fernández, que depende deste ministerio”, na cidade de Pontevedra. Moreno Fernández estaba ó mando do acoirazado Canarias na chamada “Espantá” ou fuxida de máis de 100.000 persoas pola estrada Málaga-Almería, bombardeadas polos franquistas, provocando máis de 5.000 mortes.
  • RESIDENCIA GENERAL BARROSO EN SANTIAGO EN SANTIAGO. En Santiago está a Residencia de Estudiantes Teniente General Barroso, que depende do Ministerio de Defensa. Trátase dun militar golpista que durante a Guerra Civil foi xefe do Cuartel Xeneral de Franco e despois ministro do Exército entre 1957 e 1962. Por En Valencia retirouse por unanimidade a distinción de Fillo Adoptivo do xeneral en 2016.
  • SALA DE HONRA Ó XENERAL YAGUE NA CAPITANÍA DA CORUÑA. No edificio de maior rango militar de Galicia, a Capitanía Xeneral e Real Audiencia da Coruña, na Cidade Alta, consérvase unha placa sinala o nome da Sala de Honor: Gral. Yagüe. Foi coñecido popularmente como Carniceiro de Badajoz, despois de asasinar ó mando do exército franquista a 4.000 persoas na praza de touros desa cidade, declarando despois: “naturalmente que los hemos fusilado”.
  • MUSEO HISTÓRICO MILITAR DE CORUÑA. Denuncian tamén varios contidos do Museo Histórico Militar da Coruña. “A explicación do alí exposto podería corresponder perfectamente a calquera ano da ditadura. O retrato e o busto de Francisco Franco está acompañado dun texto no que non se fai referencia a que o 18 de xullo de 1936 houbo unha sublevación militar contra a Constitución e tampouco se cualifica a Franco como ditador”. Nos retratos do Marqués de Cavalcanti -José Cavalcanti de Alburquerque y Padierna- e do xeneral José Luis Romero Corral “non se explica que se trata de dous golpistas que participaron no exército dos sublevados en 1936”. Sergio Peñamaría de Llano ten un retrato no museo ó seu uniforme de militar e condecoracións e unha vitrina coa súa pistola. Non hai referencias a que “protoganizou unha criminal represión como tenente da Lexión en 1939 na comarca de Valdeorras e tamén como fiscal militar, solicitando penas de morte, entre outros, para dirixentes do PCE”.

Igrexa de San Francisco de Ferrol / foto: turismo.gal

Na carta á ministra afírmase que “é moi preocupante a exaltación do ditador Franco en manifestos públicos de militares, cando algúns fixeron a súa carreira na democracia”. Recordan que “o Código Penal de Alemaña contempla penas de até tres anos de cárcere por exaltación do nazismo” e “en Italia a apoloxía do fascismo pode ser castigada até con catros anos de prisión e tamén está penalizada a propaganda do réxime fascista”.

Escola Naval de Marín / foto Drow male CC-By Wikimedia

 

 

[Fonte: http://www.historiadegalicia.gal]

Escrito por Paulo Gamalho 

Após o excelente trabalho do catedrático Martinho Montero Santalha sobre o uso das formas Galiza/Galicia no período medieval, não é fácil acrescentar novas informações sobre este assunto sem evitar redundâncias. No entanto, como se trata duma velha polémica ainda viva nos meios de comunicação (como o recente artigo em Praza por L.C. Carballal) e nas redes sociais, insistirei em defender a forma Galiza como a maioritária no galego medieval frente à forma castelhanizada, Galicia, achegando um ponto de vista mais abrangente. Nomeadamente, apresentarei a distribuição e evolução das formas Galiza e Galicia no contexto doutras palavras que possuem terminações análogas sem iode para as formas patrimoniais e com iode para as formas semicultas castelhanizadas. A metodologia utilizada, de carácter empírico, será a mesma que usei no meu anterior artigo no PGL sobre os pares de sufixos çom/cion e vel/ble.

Deste jeito, compararei, em termos puramente quantitativos, a frequência de distribuição das formas Galiza e Galicia num corpus representativo do galego-português medieval da Galiza ao longo de três séculos: XIII, XIV e XV. A seguir, os dados obtidos para o par Galiza/Galicia serão comparados com a distribuição dum pequeno feixe de palavras com duas terminações, sem iode e com iode, em conflito.

O corpus do galego medieval da Galiza utilizado no presente estudo, cedido polo professor Xavier Varela do ILG e que forma parte do TMILG (Tesouro Medieval Informatizado da Língua Galega), consta de 9 documentos do século XIII contendo 254 mil palavras, 12 documentos do XIV com 817 mil palavras, e 6 documentos do XV com 350 mil palavras. Em total, o corpus conta com cerca de 1 milhão e meio de palavras, sendo todos os documentos de autoria galega (e não portuguesa).

Em total, o corpus conta com cerca de 1 milhão e meio de palavras, sendo todos os documentos de autoria galega (e não portuguesa).

Os documentos pertencem a diversos géneros, incluindo textos líricos, ensaios e escrituras notariais. Entre as obras compiladas, incluem-se as Cantigas de Santa Maria, Crónica Geral de Castela, Cancioneiro de Ajuda, cantigas de Airas Nunes e numerosas actas notariais. Um dos principais problemas deste corpus é que muitos dos documentos, nomeadamente os notariais, contêm parágrafos e excertos em castelhano medieval. A identificação e separação destes excertos foi feita com um detector automático de variedades medievais. É preciso salientar que o número total de parágrafos do corpus é de 165 mil, sendo detectados apenas 1400 em castelhano medieval (ou num galego medieval muito influenciado polo castelhano). Como era esperável, a imensa maioria do texto dos documentos está escrito em galego-português.

Começamos este estudo analisando a distribuição do par Galiza/Galicia ao longo dos três séculos. Para levar a cabo a análise, foram identificadas e listadas todas as variantes gráficas dos dous termos:

GalizaGaliza, Galisa, Galiça, Galliza, Gallisa, Galliça
Galicia:  Galizia, Galisia, Galicia, Gallizia, Gallisia, Gallicia, Galleçia

A seguir, foram extraídas todas as ocorrências das palavras com alguma das variantes listadas nas três partições do corpus (séculos XIII, XIV e XV), assim como os valores agregados, tal e como se mostra nas tabelas 1 e 2.

tabela-01
Tabela 1. Ocorrências das variantes de Galiza no corpus medieval da Galiza ao longo de três séculos e em parágrafos identificados automaticamente como sendo escritos em galego-português.

tabela-02
Tabela 2. Ocorrências das variantes de Galicia no corpus medieval da Galiza ao longo de três séculos  e em parágrafos identificados automaticamente como sendo escritos em galego-português.

A tabela 1 mostra a distribuição ao longo dos três séculos estudados das variantes de Galiza, que têm uma frequência total de 148 ocorrências em parágrafos seleccionados polo detector de língua como sendo escritos em galego-português. A tabela 2 reflecte a distribuição das ocorrências das variantes de Galicia, cujo agregado total é quase três vezes inferior: 55 ocorrências totais, a maioria delas (50) encontradas em documentos do século XV.

Cumpre salientar que na tabela 2 aparecem 4 das 7 variantes de Galicia, pois 3 delas (Galisia, Gallicia, Galleçia) só aparecem em excertos em castelhano. Uma vez feito o mesmo estudo quantitativo em relação aos excertos em castelhano, identificamos 47 ocorrências em total de variantes de Galicia, enquanto que só aparecem em total 10 variantes de Galiza neste tipo de parágrafos. Em consequência, em contraste com os parágrafos em galego-português, o termo Galicia é o maioritário nos excertos em castelhano medieval.

Para visualizarmos melhor as frequências das formas Galiza/Galicia em termos relativos, pois os corpus de cada século são de tamanhos diferentes, observemos o rácio ou proporção entre os valores das duas formas nos excertos em galego-português e castelhano que nos fornece a Figura 1. Esta figura mostra duas curvas: por um lado, a curva vermelha representa a evolução da proporção entre a frequência agregada das variantes de Galiza frente à frequência das variantes de Galicia ao longo dos séculos em texto escrito em galego-português e, por outro, a curva roxa representa a proporção entre as variantes de Galicia frente às de Galiza nos excertos em castelhano medieval. As curvas mostram uma tendência muito significativa: a maior proporção de Galiza frente a Galicia atinge o máximo no século XIII (14 vezes maior) e vai caindo até ser menos do dobro (92 frente a 50) no século XV. Em contraste, nos parágrafos em castelhano medieval, a proporção entre Galicia frente a Galiza vai crescendo até chegar a ser 14 vezes maior no século XV. Esta figura mostra com claridade uma correlação forte entre a progressiva aparição das variantes de Galicia nos textos escritos tanto em galego-português como em castelhano medieval e a progressiva influência de Castela na Galiza ao longo dos séculos da baixa Idade Média. É preciso ter muita imaginação para não ver aqui um indício claro de castelhanização no uso cada vez mais frequente de Galicia ao longo dos séculos.
grafica
Figura 2. Maior proporção de Galiza frente a Galicia nos excertos em galego-português, comparada com  a maior proporção de Galicia frente a Galiza nos excertos em castelhano, e evolução das proporções (descida de Galiza e aumento de Galicia) ao longo dos três períodos estudados (séculos XIII, XIV e XV).

A seguir, analisamos a evolução da distribuição de frequências doutras palavras que, como o par Galiza/Galicia, sofreram similares vacilações entre as formas patrimoniais sem iode e as formas castelhanizadas com iode. Nomeadamente, analisamos os seguintes seis pares de formas e as suas variantes gráficas:
espaço: espaço, espaso, espazo, espaco         espaçioespaçio, espasio, espazio, espacio

preço
preço, prezo, preco             preçiopreçio, presio, prezio, precio

serviço
serviço, serviso, servizo, servico        serviçioserviçio, servisio, servizio, servicio

graça
graça, grasa, graza, graca            graçia: graçia, grasia, grazia, gracia

justiça
: justiça, justisa, justiza, justica        justiçiajustiçia, justisia, justizia, justicia

sentença
sentença, sentensa, sentenza, sentenca    sentençiasentençia, sentensia, sentenzia, sentencia

Mesmo se as formas com iode (-çio) triunfaram na fala popular, junto com uma mancheia de castelhanismos, as últimas normas da RAG de 2003 só admitem as formas patrimoniais sem iode para este conjunto de palavras. No caso de Galiza/Galicia, as duas formas são consideradas legítimas sendo a forma com iode maioritariamente usada na atualidade e reconhecida como “a denominación oficial do país”.

tabela-03
Tabela 3. Ocorrências das formas sem iode terminadas em -ço/-ça  no corpus medieval da Galiza ao longo de três séculos e em parágrafos em galego-português (para simplificar, o valor de cada forma por século é a soma das frequências de todas as suas variantes).

tabela-04
Tabela 4. Ocorrências das formas com iode terminadas em -çio/-çia no corpus medieval da Galiza ao longo de três séculos e em parágrafos em galego-português (para simplificar, o valor de cada forma por século é a soma das frequências de todas as suas variantes).

As tabelas 3 e 4 mostram as distribuições dos seis pares de formas agregando a frequência das suas variantes em cada linha para simplificar a visualização. Observa-se que as ocorrências das variantes terminadas na forma patronímica -ça/-ço é maioritaria: 844 ocorrências, frente a 258 casos de variantes terminadas em -çia/-çio.

Como os corpus de cada século são de tamanho diferente, vai ser preciso relativizar de novo estes valores. Desta volta, usamos a percentagem ou probabilidade de ocorrência das formas em -ça/-ço frente a -çia/-çio ao longo dos séculos, incluindo as probabilidades de Galiza frente Galicia. A tabela 5 mostra estes valores relativos onde se observa como as formas patrimoniais (em azul) têm uma percentagem de uso muito maior do que as formas com iode, mas essa percentagem desce ao longo dos séculos. A figura 2 visualiza melhor essa descida, sendo mais marcada no caso de Galiza frente a Galicia que no caso das palavras terminadas em -ço/-ça frente às terminadas em -çio/-çia. De cada 100 ocorrências Galiza/Galicia, 93 são escritas com variantes de Galiza no século XIII, mas só 64 de cada 100 no XV. As palavras patrimoniais terminadas em -ço/-ça seguem a mesma tendência mas mais suave: a curva desce de 80 para 66 por cento de uso ao longo dos três séculos.

tabela-05

Tabela 5. Percentagens de uso das diferentes formas estudadas ao longo dos três séculos em excertos em galego-português. As percentagens totais (última coluna) são calculadas sobre o total de ocorrências.
grafica-02
Figura 3. Visualização das percentagens/probabilidades de uso das formas patrimoniais nos excertos em galego-português ao longo dos três séculos medievais (as percentagens da gráfica são os valores em azul da tabela 5).

As percentagens mostradas correlacionam com as proporções ou rácios de uso entre as formas sem e com iode. A proporção de uso de Galiza frente a Galicia e das palavras em çom frente a -çion também vai decrescendo com o passar dos séculos e a progressiva castelhanização da escrita. Os mesmos dados que explicam a evidente castelhanização de gracia ou espacio demostram igualmente que Galicia é um claro e inequívoco castelhanismo.

Os mesmos dados que explicam a evidente castelhanização de gracia ou espacio demostram igualmente que Galicia é um claro e inequívoco castelhanismo.

À luz destes dados, é difícil suster linguisticamente que a forma Galicia seja legítima em quanto que outras palavras com iode, como gracia ou espacio, tamém muito populares na fala espontânea, sejam castelhanismos não permitidos polas normas da RAG. É bem provável que, além dos critérios linguísticos e quantitativos, as normas da nossa língua estejam reguladas por valorações subjectivas ligadas à psique do colonizado: se o nosso dono e senhor chama o nosso país Galicia, esta deve ser a forma legítima. Trata-se dum preconceito forte e sólido como uma rocha, inserido no ADN da gente, e contra um tal preconceito nada ou pouco podem fazer estudos quantitativos como este.

 

[Fonte: http://www.pgl.gal]

«Nada bueno esperaba el mundo» Estas palabras del escritor uruguayo Eduardo Galeano nos sirven para conocer un poco mejor a Julio Cortázar. «Aquella noche me di cuenta de que yo era un cazador de palabras. Para eso había nacido. Esa iba a ser mi manera de estar con los demás después de muerto y así no se iban a morir del todo las personas y las cosas que yo había querido» (Galeano. La biografía. Ediciones B).
Julio Cortázar

Julio Cortázar

Escrito por ROBERTO CARLOS MIRAS MIRAS

Al morir nuestro autor la escritora Cristina Peri Rossi (1941) no fue a su entierro y gracias a ese sentimiento y a esa inquietud ha salido la publicación de «Julio Cortázar y Cris» Un texto de ciento cuarenta páginas donde Rossi introduce sus vivencias más íntimas con el escritor de Rayuela. «A veces se produce el encuentro entre dos grandes escritores y de esa conmoción surgen risas, relatos, poemas, cartas, viajes, diarios chispeantes y fascinación mutua en la última década de su vida».

París y Barcelona han sido los escenarios y Julio Cortázar dedicó quince poemas de amor a Cris y muchos años más tarde tras su muerte, Cris en este trabajo escribe una crónica de esa amistad irrepetible y amorosa. Han sido otros los que se acercaron a la figura tanto personal como literaria de este gran autor. El catedrático de Literatura Española en la Facultad de Humanidades Miguel Herráez (Valencia -1957) dedica en uno de sus trabajos a escribir un «Julio Cortázar, al otro lado de las cosas» acercándonos aún más si cabe a este gran protagonista. También en «Julio Cortázar. Una biografía revisada» se recogen infinidad de datos de su vida en ciudades como París y Buenos Aires a partir de un profundo conocimiento de su obra, y al pasar sus páginas nos acordamos de aquella excelente entrevista realizada en su momento por Joaquín Soler Serrano en su mítico programa «A fondo». Pero se preguntarán: ¿Por qué ofrecemos un texto o un comentario sobre un autor nacido en Bruselas de orígen argentino llamado Julio Cortázar? La respuesta la ha dado Francisco X. Fernández Naval cuando hizo de la necesidad una virtud y se puso a trabajar en una obra que nos ha llamado poderosamente la atención bajo el nombre de «El sueño gallego de Julio Cortázar».

En el año 2006 como ha escrito Fernández Naval, Aurora Bernárdez, esposa del escritor, cedía a Galicia su archivo fotográfico. Un patrimonio que actualmente está depositado en el Centro Galego de las Artes e Imagen (CGAI) encargado de su custodia y conservación. Al hablar del trabajo de Naval lo hacemos de un volumen con distintas notas aclaratorias y textos cedidos para este edición por autores como Eva Veiga, Miguel Mato Fondo, Olalla Cociña entre otros. Uno de los textos que engloba a todos estos autores sin duda ninguna es el trabajo realizado por Xavi Ayén «Aquellos años del boom. García Márquez, Vargas Llosa y el grupo de amigos que lo cambiaron todo». O las reuniones mantenidas en su momento por el escritor Graham Green y su amigo el sacerdote Leopoldo Durán. «La primera carta que me escribió Graham Greene está fechada el 30 de junio de 1964. Nuestra última conversación larga, telefónica, tuvo lugar el 12 de febrero de 1991, mes y medio antes de su muerte».

En «El fin de la aventura» Graham Greene escribe «Ustedes, los sacerdotes, ¿no saben hablar de otra cosa que de Dios? Es que no hay otra cosa». Volvemos a Cortázar. En su momento se levantó una pequeña controversia cuando Miguel Dalmau tuvo ciertos problemas a la hora de publicar su biografía ya «autorizada» por su editorial, en aquel momento para publicar una biografia sobre este Gran Escritor. Decir que al hablar de Miguel Dalmau lo hacemos de una persona que en sus trabajos anteriores ha dejado una clara huella de como se deben de hacer los mismos al introducirse como es el caso en un Hombre, en un Escritor y en su Tiempo. Al final llegó la calma y su trabajo se pudo ver publicado en la editorial Edhasa. «En el verano peligroso de 1959 el poeta Carlos Barral viajó a Madrid. Una tarde encontró a Ernest Hemingway en el hotel. Hechas las presentaciones, el novelista americano le preguntó: ¿Que tal la mala puta?» Barral se quedó perplejo y a penas acertó a decir: «¿Qué mala puta?» A lo que Hemingway respondió «¡La literatura española!» (La mala puta. Réquiem por la literatura española. Miguel Dalmau, Román Piña Valls).

BUENOS AIRES

Era la capital editorial literaria en lengua castellana. Manteniendo Julio Cortázar conversaciones con Ramón Chao, quien podía ser uno de los personajes de sus relatos. Han sido muchos los que nacieron fuera de Galicia pero tenían una relación con ella. Las circunstancias hicieron nacer a Lorenzo Varela en La Habana, a Arturo Cuadrado en Denia -Alicante- y a Luis Seoane en Buenos Aires. Los tres llegaron a Galicia donde fueron protagonistas de una intensa actividad cultural «estropeada» por la Guerra Civil. Se encuentran en Buenos Aires con otros compañeros y amigos desde Carmen Muñoz, Rafael Dieste, Suarez Picallo, Otero Espasandín… Pero fue en el año 1956 cuando Aurora Bernárdez y Julio Cortázar llegan a España y a Galicia, donde utilizan todo tipo de vehículos de aquella época con numerosas fotografías que recuerdan aquella ocasión. Es en 1968 cuando Xosé Neira Vilas da a conocer su «Memorias dun neno labrego» y conoce a Julio Cortázar. Es una de las personas que ofrece material y conversaciones para que Fernández Naval pueda realizar su trabajo en torno a la vida literaria de Julio Cortázar. En La Habana, con Neira Vilas entre otros, habla del cuento como un género literario dando lugar a una conferencia que será publicada como «Del cuento breve y sus alrededores». Hasta el intelectual Isaac Diaz Pardo establece conversaciones en las que Luis Seoane habla de su amigo escritor.

Kafka, Hemingway, Wilde, Homero

Al hablar de Cortázar lo hacemos de un autor cuyo conocimiento cuenta como referentes a las grandes figuras que han trascendido esa época que les ha tocado vivir como Kafka, Hemingway, Faulkner, Bates, Chesterton, Nerval, Wilde, D’Annunzio, Valéry, Homero, Shelley, Keats, Elliot, y el jazz negro que a su entender era el único genuino. Semejante autor realizó muchos trabajos en torno a su Vida y a su Obra. Fruto de ese trabajo es el libro mencionado. En los años 2006 -2007 la profesora Soledad Pérez Abadin nos hizo acordarnos de la obra de Cortázar en Galicia gracias a unos alumnos que sentían un profundo interés por la obra de este escritor. Tiempo más tarde la profesora publicaría «Cortázar y el Che Guevara- Lectura de Reunión». El periodista Camilo Franco ha sido responsable durante muchos años de dar a conocer esa faceta desconocida en «Culturas» dedicándole a Cortázar un número especial en dicho suplemento. Una vez más volvía Galicia a la mente de los gallegos y del propio Cortázar con su «La circunstancia gallega de Julio Cortázar». Y en sus páginas ofrecía a sus lectores una entrevista a Aurora Bernárdez y un relato en su página final «No peto dunha americana». Sería en el año 2006 cuando Xavier Seone daría una conferencia sobre la poesía del escritor argentino. «Hablamos de un hombre, muy culto, dice Xavier en conversación con Fernández Naval» en una conferencia sobre la poesía del escritor argentino, y añadimos las palabra de Saúl Yurkievich (1931-2005, Julio Cortázar: Mundos y Modos), que en un prólogo para Rayuela habla de una novela talismán, novela iniciática, propuesta existencial que aspiraba, potenciando lo humano a cambiar la vida». Hacemos nuestras unas palabras de César Vallejo «Me moriré en París con aguacero, un día del cual tengo ya el recuerdo». Julio Cortázar nació un 1914 en Bruselas y murió una mañana lluviosa en París en 1984.

 

[Fuente: http://www.todoliteratura.es]

Noemí García, creadora da conta Media Laranxa, expón como foi a xénese do seu proxecto así como dos seus obxectivos, entre os que destaca a busca pola calidade lingüística no ámbito da gastronomía. García tamén opina sobre a situación actual do galego nas redes e reivindica a necesidade de poder atopar nelas calquera tipo de contido na nosa lingua. Ela mesma indica que “unha conta en galego non debe ser noticia, senón unha realidade.”
Noemí García é @media_laranxa en Instagram. (Foto: Nós Diario)

Noemí García é @media_laranxa en Instagram

Por Mar Álvarez

Avante Pouca

Como xurdiu a idea de crear a conta de Media Laranxa?
Media Laranxa xorde co fin de unir dúas das miñas paixóns: a gastronomía e a lingua. Ambas as dúas están presentes no día a día de cada persoa, pois todas comemos e falamos. Entón, se coidamos da nosa alimentación, por que non imos coidar tamén da nosa lingua? O galego é un idioma que vale para todo, polo que debemos poder atopar calquera receita na nosa lingua. Nesta conta non só publico receitas, senón que o seu principal obxectivo é que poidamos lograr unha maior calidade lingüística, desbotando os castelanismos máis asentados e dándolles nome a novas realidades. Media Laranxa intenta que os conceptos novos da cociña contemporánea sexan accesíbeis para calquera persoa, por iso decidín crear a conta en Instagram; todas temos redes sociais polo que todas podemos aprender se queremos. Ademais, o feito de que apareza un produto de forma tan visual co castelanismo e coa palabra galega que se debería empregar atrae moito a xente.
A verdade é que estou moi contenta co proxecto. Creei a conta no confinamento, en abril, e xa pronto comezou a subir o número de seguidores. Desde entón recibo moitas mensaxes agradecendo o meu traballo e reafirmando a necesidade deste tipo de contas. Precisamos normalizar esta situación. Unha canle en galego non debe ser noticia, senón unha realidade.

Avante Media 

Publica receitas, enquisas, formas correctas de termos en galego…
Si, fago un pouco de todo. No que ás receitas se refire, publico algunhas virais, como o café Dalgona ou as patacas Deluxe, pero maioritariamente receitas sas, aínda que, de cando en vez, tamén me animo con algunha lambonada. Agora que chega o Nadal estou a publicar receitas típicas destas festas, como tamén fixen no Samaín. Con todo, o que máis está gustando é a posibilidade de aprender cousas novas. Cada sexta feira adoito publicar enquisas polas historias e retar os usuarios a que elixan a forma correcta en galego dun alimento ou mesmo a súa pronunciación. Está claro que as persoas queremos aprender, tanto de gastronomía como de calquera outro ámbito, pero faltan medios. Precisamos contidos en galego de todo tipo.

Que acollida tivo a conta? Nota moita interacción cos teus seguidores e seguidoras?
Si, hai moita participación. Cando publico algún termo en galego con variantes nos diferentes bloques dialectais, moitas persoas comentan a equivalencia desa palabra na súa zona. E o mesmo ocorre coas receitas. A semana pasada publiquei a receita dunhas torradas típicas de Portugal e tiven moitos comentarios de persoas de distintos sitios da Galiza expondo que neses lugares tamén eran típicas.

Avante Toda

Que opina da situación actual do galego nas redes sociais? 
Existe unha comunidade moi chula entre as persoas que creamos contido en galego. Sempre nos apoiamos entre nós e tamén ás canles novas están a nacer, tanto no Instagram, como no Facebook, no Twitter etc. No que se refire á gastronomía, penso que existen moi poucas contas especializadas, aínda que cada vez están a aparecer máis, principalmente a raíz do confinamento, como foi o meu caso.

Móvese por Instagram, tamén ten un blog… medrará Media Laranxa no futuro?
O meu plan de futuro é crear unha canle en Youtube na que subir receitas. Penso que é algo que falta no noso país. As únicas receitas que existen en galego son as da TVG e os participantes non demostran a calidade lingüística que merece a nosa lingua. Precísanse máis vídeos de gastronomía en galego. Moitas veces adoitamos buscar as receitas en castelán presupondo que non van existir en galego, e iso é unha mágoa.

 

[Fonte: http://www.nosdiario.gal]

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron ‘Envíame unha postal’, que propón un percorrido polas fotografías do artista a través dun fondo de negativos para postais

O Goberno galego mantén unha política de acrecentamento de fondos documentais de interese para Galicia

A Xunta expón desde hoxe ata o 18 de marzo unha selección dos 348 negativos para postais da empresa García Garrabella que custodia o Arquivo Histórico Provincial de Lugo e forman parte dos fondos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron hoxe a mostra que, baixo o título Envíame unha postal, fai un percorrido polas fotografías tomadas por Luis García Garrabella nas décadas dos 40 e 50 do século XX a paisaxes e monumentos de varias poboacións das provincias de Lugo e A Coruña.

O representante autonómico explicou que a Xunta mantén unha política de incremento de fondos documentais de interese para Galicia, para o que se procura a cesión ou adquisición de arquivos galegos tanto públicos como privados. O obxectivo é enriquecer os arquivos autonómicos e achegar á cidadanía información de valor en relación coa identidade galega e o noso acervo cultural.

O fondo de negativos en vidro e en acetato da empresa García Garrabella y Compañía (unha das casas editoras de postais máis prolíficas dos anos 60 e 70) foron adquiridos pola Consellería a Jerónimo Gilabert, en representación de Martínez Santolaya,S.L., entre 2004 e 2007, xunto con outro lote de negativos de Arribas. No ano 2017 foron catalogados e dixitalizados e están a disposición da cidadanía en Galiciana, Patrimonio Dixital de Galicia, o portal de difusión dos recursos patrimoniais dixitalizados da cultura galega.

Enmárcase no traballo da Xunta para consolidar un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e facilitar os seu acceso universal na rede. Para a construción desta Memoria Dixital apostouse polas sinerxías e modelos colaborativos entre as entidades públicas, privadas e calquera axente con responsabilidade no patrimonio cultural coa intención de acadar o maior nivel de catalogación, preservación e difusión, independentemente da súa ubicación ou propiedade.

 

 

[Fonte: http://www.cultura.gal]

Cúmprense 125 anos do nacemento do intelectual galeguista, asasinado polos falanxistas en 1936.

Nun 17 de decembro de 1895 nacía Ánxel Casal, figura clave no galeguismo de preguerra e derradeiro alcalde de Santiago de Compostela na Segunda República. A historia de Casal, tinguida dunha aura negra polo seu brutal asasinato a mans dos falanxistas, abrangue pouco máis de 40 anos nos que o intelectual e político coruñés traballou para construír e modelar a loita polo país nos anos de Castelao, Vilar Ponte e Otero Pedrayo.

Aínda que Casal non deixou obra escrita para a memoria, si contou cun papel central no desenvolvemento da novela galega a mans dos seus contemporáneos. En Galicia, a comezos do século XX, a literatura estaba dominada por xeracións de autores epígonos do Rexurdimento que vían na poesía o único vehículo para a lingua. A Xeración Nós propúxose –e conseguiu– conquistar tamén a narración en prosa, onde fixeron converxer as principais tendencias de finais do século XIX e comezos do XX para demostrar que a lingua galega servía tamén para relatar contornas urbanas e cuestións modernas.

O papel de Casal nesta difusión cultural foi central porque fundou e xestionou as principais editoriais nas que moitos destes volumes –hoxe auténticos clásicos– viron a luz por primeira vez. A primeira iniciativa arrincou, xunto con Leandro Carré, en 1924 coa fundación de Lar, onde publicaron moitos dos homes da Nós. Precisamente Nós sería o nome da seguinte iniciativa, que serviría como editorial para as primeiras obras de madurez de moitas das sinaturas destes tempos.

Casal faleceu fusilado en Cacheiras logo de ser detido polos fascistas. Alcalde de Santiago dende febreiro do 36, abandonou o cargo no consistorio o 9 de xullo dese ano, a poucos días do golpe dos xenerais sublevados. A noticia da rebelión levouno a retomar o cargo polo seu compromiso coa cidade, un compromiso que acabaría por facilitar a súa captura e morte a man dos falanxistas.

 

[Imaxe: Galipedia- fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

Sacou tempo durante as súas viaxes en avión e as noites de hotel para escribir unha longa novela, de case 900 páxinas, que viu a luz o pasado outubro na editorial cántabra Libros Indie. A comunidade das nacións é a súa primeira obra e nela recrea o mundo de conflitos e cambio climático de 2080, no que se enfrontan imperialistas, fascistas, islamistas e as faccións supremacistas dunha Europa que ten na Galiza a chave da restauración democrática.
O autor da novela 'A comunidade das nacións', presentada no mes de outubro, César Pazos. (Foto: Libros Indie)

O autor da novela ‘A comunidade das nacións’, presentada no mes de outubro, César Pazos.

Na súa novela o mundo está en conflito e a solución tena a Galiza, como é iso?

O planeta está nun momento climático complicado porque se precisan cifras descomunais para crear unha cidade luar e explotar xacementos de Helio-3. No Estado español dáse unha singularidade fronte ao resto de Europa, porque as Constitucións europea e española o permiten, e é a promoción de Breixo Portela, dirixente da formación Galaicos, quen lidera unha comunidade de nacións entre Catalunya, Euskadi e a Galiza. Esta colectividade ten un ollo posto en Portugal, pero nela non entra España.

O Estado español carece de referentes que convenzan a poboación de que deben formar parte desta agrupación, a súa única referencia é Leonor de Borbón, unha raíña marxinada polos partidos conservadores pero á que lle tocou vivir situacións moi dramáticas. As persoas simpatizan cos que sofren e, así, convértese por eliminación na única persoa que pode convencer a cidadanía desa adhesión, que permitirá a paz, a preservación da democracia e da Ilustración e a obtención do Helio-3.

Cal é a importancia do Helio-3 nese futuro?

Actualmente, hai teorías que falan de que se está a utilizar Helio-4 e Deuterio para crear un neutrón do que obter enerxía nuclear. Na miña ficción búscase Helio-3, que non dana o plasma solar e que ademais existe en tal cantidade que a humanidade pode explotalo por 5.000 anos, o que supón unha enerxía case inesgotábel.

E que papel desempeña a Galiza nesa cuestión?

En primeiro lugar acontece que a Batalla do Medulio ten consecuencias en 2080. E logo, o inicio dese ano inaugúrase co discurso de Mary Hamilton, a presidenta de Europa, diante do Parlamento europeo. Ela pertence a unha organización política que se chama Queltoe, que nace dunha conferencia de eruditos no Reino Unido que deciden que contra o cambio climático e o racismo europeos se potencie unha nova filosofía política que é o celtismo. Nese Queltoe está confederada a organización Galaicos, liderada por Breixo Portela.

Trátase pois dunha ficción de carácter histórico?  

Dalgunha maneira… Fálase do Medulio, como xa dixen, da Idade Media, para a que me documentei coa obra de Anselmo López Carreira, nárrase a decapitación de Pardo de Cela… Pero se eu tivese que definila diría que é unha novela antiimperialista e antifascista. Ademais de ser un romance dramático o desencadeante da resolución do conflito que propón a novela.

Afondemos un pouco nese romance do que fala…

Breixo Portela ten un papel fundamental en que o Estado español entre na comunidade de nacións, que é necesario para o triunfo de Europa. Este papel vén dado porque é o líder peninsular e quen, dalgunha maneira, promove a aceptación de Leonor de Borbón dentro da confederación ibérica que lidera. Pero este labor acátao logo de comezar as negociacións coa ministra de Asuntos Exteriores da Coroa española, Elena Cueto, da que se namora. O romance, do que Leonor é ‘celestina’, vai provocar grandes conflitos, tanto no seo de Galaicos, para Breixo, como no Estado español, para Elena.

Para rematar díganos, como está a ser a promoción?

Estase a facer un esforzo importante e mesmo hai unha canle de Youtube na que participan actores e actrices de dobraxe da Galiza, e na que se recrean diversas pasaxes dalgúns dos capítulos.

[Imaxe: Libros Indie – fonte: http://www.nosdiario.gal]

Humberto era alto, Fernando mediano, y Jorge, menudo. Juntos formaban una escalera a través de la cual su amistad crecía sin obstáculos. Desde Galicia llegaron a Irún en busca de un futuro más prometedor y, una tarde, decidieron cruzar la frontera para ver la película El último tango en París en la vecina Francia. Nunca regresaron. Aquello fue el 24 de marzo de 1973.

Una tumba en el aire. La certeza es tan dolorosa como la incertidumbre.

Todas las novelas dejan un eco en quien las lee, pero solamente algunas conseguirán acompañar al lector para siempre. Es lo que sucede con Una tumba en el aire, la ambiciosa obra de Adolfo García Ortega (Valladolid, 1958), en la que, haciendo un titánico esfuerzo de verosimilitud, reconstruye la historia de tres jóvenes desaparecidos. Una historia que es preciso leer y que era necesario contar, porque como reza la propia novela al comienzo, “ni víctimas ni asesinos merecen el olvido”. Esta novela fue galardonada con el Premio Málaga de novela en su XII edición.

Era imposible, inimaginable. Como eran jóvenes y no se metían en líos, la vida les prometía un horizonte brillante, ¿cómo podía ser que de pronto fuese la muerte la que les aguardase? Y en su forma más grotesca, y en la Francia de la libertad, en donde estaba permitido ver las películas censuradas por la España franquista. Y, sin embargo, todos los elementos se conjuraron para que los tres chicos cayeran en manos de miembros de ETA. Lo único de lo que eran culpables era de que su Austin 1500 se hubiese cruzado en la carretera de San Juan de Luz con un Renault 12 conducido por Jesús de la Fuente, alias Basacarte. Eran culpables de haberse sentido atraídos, como los turistas que eran, por las luces que una discoteca exhibía como reclamo. De haber sentido curiosidad por ver en el cine a Marlon Brando y María Schneider. Pero no eran culpables de que la banda se encontrase en un período de inactividad, preparando un gran golpe, imbuida en la desconfianza en la quietud de la espera; ávida de violencia, ebria y con el deseo de actuar, aunque fuera sin convicción, se obligaron a creer que los tres amigos eran en realidad policías porque solo así podían justificar el sinsentido de  lo que perpetraron, uno más de los frutos amargos que arrojó una época marcada por la división y el odio incipiente, así como por las disidencias en el seno del propio grupo terrorista.

“De nosotros no se acordará ni Dios, Jorge, tenlo por seguro. Y, además, ¿por qué habrían de acordarse de nosotros? ¿Qué hemos hecho nosotros todavía?”

Y cuánto hueco deja ETA todavía; cuánto espacio para los zapatos que nunca llegaron a calzar, las tentaciones en las que no tuvieron la oportunidad de caer, las canciones que no llegaron a bailar, las horas que no pudieron dormir. Porque para comprender sus vidas, necesitamos aceptar todo lo que se les negó vivir. Y aquí el autor tiene una difícil tarea, la de estructurar los acontecimientos de forma que los lectores podamos visualizar el futuro del que se les separó y el nexo que les unía al resto del mundo, a las personas a quienes importaban, el vínculo que sus verdugos convirtieron en espinas. Porque mientras la muerte requiere un duelo, la desaparición solo admite una sucesión infinita de minutos de dolor.

Para explicarnos cómo transcurrieron las últimas horas de los tres amigos, el autor se ve obligado a golpearnos, nos deja sobrecogidos y conmocionados, pero nos compensa, con una astucia sorprendente, tejiendo una narración cargada de lirismo que nos permite acompañar a los tres protagonistas hasta el otro lado de la orilla y lamentar con ellos que sus vidas quedaran suspendidas. Humberto, Fernando y Jorge nunca dejarían de ser jóvenes ni de ser amigos: sus nombres quedarían ligados para siempre.

La labor de García Ortega al abordar esta trama creada a base de los retazos de información que terminaron viendo la luz, destaca tanto por su admirable trabajo documental como por su inmenso valor literario.

Una tumba en el aire sin inscripción alguna:

todos los nombres juntos

bajo el silencio anónimo

de la fosa común.

José Ramón Ripoll. Una tumba en el aire/Paul Celan

Belén Cortés es licenciada en Derecho y Criminología y tiene un máster en Educación Secundaria. Ha tomado cursos de escritura creativa con Bárbara Blasco, ganadora del Premio Tusquets de este año, y Kike Parra, en la Escuela de Fuentetaja. Su perfil de Instagram es @lolitzta.

 

[Fuente: http://www.colofonrevistaliteraria.com]

Eirín, a vella Irlanda, é o espello no que se mirarán os pobos asoballados, negados, entre eles a súa “irmá celta, filla do pai Breogán: Galiza”. Fixérono aqueles que seguían os mozos que en 1856 brindaron en Conxo pola liberdade, os que naquel romanticismo cantarían “Érguete Galiza e anda / como en Irlanda, como en Irlanda…” e a lección seguiu. Eis unha aproximación ao panceltismo, á figura de Yeats e á súa vinculación con ‘Nós’. 
Imaxe do intelectual Vicente Risco. (Foto: Nós Diario)

Vicente Risco

Un artigo de Felipe Senén
O Romanticismo abre portas ao Modernismo e faino cun fondo sentimento esteticista e simbolista. O Dublín contrafío está nas miras creativas, o de Oscar Wilde, de George Bernard Shaw, membros do Rhymmers Club, como Willians Morris. Agrupación masculina, elitista, constituída nun pub da metrópole londiniense , o “Cheshire Chesee”. Entón a personalidade e a sona dun dos seus fundadores, o poeta Willian Butler Yeats, atrae mozos creadores para acollerse baixo as saudades e as sombras de misterio do seu “Celtic Twiling” (“O crepúsculo Celta”). Antoloxía de inspiradores mitos que acontecen nesa iteración paisaxe/paisanaxe, entre panteísmo e simbolismo adubados coa saudade celta, a señardade polo Paraíso Perdido.

Comportamentos e asuntos seguidos nos parladoiros de café, no Ateneo de Madrid. Un destes curiosos concorrentes era Vicente Risco, mesmo Otero Pedraio e a cousa espallábase. Seguidores do tratado nos selectivos cenáculos nigrománticos de Mario Rosso de Luna, masón, astrónomo, teósofo, coñecido como o “Mago roxo de Logrosán”, introducido e introdutor do ocultismo, tradutor e difusor das obras de Madame Blavatsky (1831-1891), coñecedora de arqueoloxías orientais e clásicas, fundadora da londiniense Sociedade Teosófica, grupo ao que se incorporou un Yeats portador de ansias druídicas celtas irlandesas, de magos e meigas.

Risco xa coñecía as obras da Blavastsky, as que lle regalara a condesa ourensá de Atalaya Bermeja, caracterizada pola súa cultura e esteticismo. Inquedanzas que translocen na revista La Centuria (1917-18) onde Risco é o “armadanzas” que pide e recibe colaboracións dos escritores de misterios, “diferentes”, para da singularidade pór os pés na terra, “célula de universalidade” e así nacer Nós, plural e culturalmente maxestático.

Yeats e a revolución cultural irlandesa: O Renacemento celta

Irlanda está enguedellada nunha historia labiríntica con fondas raiceiras nos seus megálitos prehistóricos, nos hillforts, como castros; na Pedra do Destino, símbolo do pobo, que se di levada aos outeiros de Tara por Ith, fillo de Breogán; nos senlleiros eremitorios e nos recintos monacais, coutos onde se vencella ao pobo, a toque de campá sagrada, a venerar e compartir cálices, lecturas de libros miniados que contaban sagas, asceses… Confín de illas, montes, pedras e fontes sacras, onde aínda se segue a memorar e se imita os druídas en festas panteístas. Onde continúa vivo, entre novos ritos de taberna, entre paisaxe e paisanaxe, o canto dos bardos, contando o sufrido no camiño, as nostalxias do perdido. Celtismo, filosofía ao fin e ao cabo tinxida de orientalismo orixinario.

O pobo irlandés e o dublinés Willian Butler Yeats dalgún modo reaccionan fronte á colonización e á conseguinte aculturación que sufría o seu país. A súa proposta é unha revolución cultural: a recuperación tradicional e a anovación do espírito de Eirín, o “Renacemento celta”.

Risco, escudriñador de canto acontecía na Europa, entre xermanismo, mediterraneísmo, nordismo e outros ismos, atopa no Renacemento celta irlandés paralelismo co seu sentir: a teoría do un entre os demais, o misterio, o panteísmo, a teosofía, o sentimento político de Terra, as raiceiras orientais, indoeuropeas, revestidas de dandismo fronte ao esperpento.

A importancia do teatro, da escenografía, a posta en escena dun país

Nada mellor para coñecer Yeats que lelo en boas traducións. Na revista Nós intentárono e abriron camiños, para mellor tripar a súa terra, Irlanda: de Dublín –onde naceu no barrio de Sandymount un 13 de xuño de 1865– ao condado de Sligo, e alí Drumcliffe, onde está enterrado a carón do Monte Sacro do Ben Bulben, de obrigada peregrinación céltica.

En Dublín, cidade con nostalxias dos escritores Jonathan Swift, de Samuel Beckett, Joyce, Oscar Wilde, Yeats, Bran Stoker… pasaremos pola Biblioteca Nacional de Irlanda, a carón do Museo Nacional do Eire, que un non debe perder a fin de afirmar os vencellos coa Galiza. Nesa biblioteca atoparemos unha exposición permanente dedicada a Yeats, coas doazóns da súa muller Georgie e do seu fillo Michael: manuscritos, obxectos das súas devocións, guións para radio, debuxos, pezas de teatro, psicografías para ritos ocultistas e até facturas e declaracións da renda. Modelo de exposición en fondo e forma, espazos sobre a que pousa e se contaxia o ambiente de misterio e saudades celtas, como guiada polas estrelas, entre dous legados, o das raíces e o das alas da poesía.

Teoría e praxe pola que se entende a necesidade de coidar o que se fai, o que nos define, tanto como o mesmo fin. Preocupado polas edicións do libro: papel, tipografía, ilustración, encadernación. Suxestiva exposición onde manda o humanismo sobre a virtualidade.

Apuntes sobre a vida de Yeats

Willian Butler Yeats por parte de nai proviña do condado de Sligo, do clan familiar dos Pollxfen e dos Midleton, de oficio muiñeiros. O seu bisavó e avó paterno foran pastores protestantes, mentres que o seu pai, John Butler Yeats, formouse en xurisprudencia. Casado con Susan Pollexfen, deixará os litixios para cultivar a pintura e a través dela e da súa tendencia expresionista interpretar a paisaxe irlandesa. Pintor que marca hoxe un fito na contemporaneidade irlandesa. Os problemas económicos afundiron a nai nunha depresión.

En 1889 Yeats coñece na casa familiar Maud Gonne, a que lle semellou como “provir dun pasado lendario”: revolucionaria irlandesa, musa pola que profesa un amor platónico non correspondido. Outra das íntimas colaboradoras de Yeats no que significaban as artes escénicas, as que entende tan necesarias para revitalización da cultura, foi Lady Augusta Gregory, cofundadora do Abbey Theatre, con concorrido parladoiro. Teimudo coa idea de crear un Teatro Nacional irlandés, o que conseguiron en 1899.

Tendo 23 anos Yeats participa na Sociedade Hermética de Dublín e na Irmandade Republicana. Sen deixar nunca de sentirse atraído polas tradicións e polos misterios ocultos (por descoñecidos) do seu pobo, nas que atopa inspiración para unha serie recentemente recollida no volume Mitoloxías.

Yeats casa en 1917 con Georgie Hyde, ela con 25, el con 52, tamén, como el, e por tradición que considera “celta” fascinada polo ocultismo, o Trasmundo e as influencias astrais. Sentimentos como unha peregrinación interior, ascese entre o caos e o cosmos, o ben e o mal, a vida e a morte. Curioso e insatisfeito matrimonio do que naceu Anne (1919) e Michael (1921).

En 1884 Yeats matricúlase na escola de arte de Dublín a un tempo que comezan a espallarse os seus poemas de A peregrinaxe de Osin e outros poemas como “A illa do Lago de Innisfree” (1889). O alzamento irlandés de Pascua de 1916 pilla a Yeats en Londres, cidade na que ademais Ezra Pound o introduce na estética teatral xaponesa. Escribe entón “Easter 1916” “Sixteen Daead Men”, “The Rose Tree”, “ On a Political Prisoner”, páxinas cheas de admiración ao alzamento da súa nación e de pesar polos mortos… Libros tramados desde o prisma teosófico, co misterio da numeroloxía. Poemas que se espallaron por Europa e que atopan solidariedade coa causa irlandesa e co Irish Republican Army (IRA). Vicente Risco será un dos seducidos e tomará nota para a súa aventura.

En 1922 Yeats é elixido senador, doutor honoris causa do Trinity College e en 1923 concédeselle o Nobel, que considerará como un premio a Irlanda “Europe´s welcome to the Free State” (“Benvida Europa ao Estado Libre”). En 1925 publica “A visión”, sobre esa súa ansia de querer saber o que pasa tras as cancelas do Trasmundo. Tres anos despois ve a luz “A Torre”, poema no que segue a expresar esa teima pola asces: da nenez á decrepitude da vellez, cara á espiritualidade, como un modo de peregrinación mistérica oriental, coincidente coas tradicións celtas. Os cadernos vellez están escritos na fermosísima e selecta vila amalfitana de Rapallo.

Un 28 de xaneiro de 1939 morre na costa azul, en Rocabrune, cando seguía a tratar temas célticos arredor de Cuchulain e da identidade.

 

[Fonte: http://www.nosdiario.gal]

O programa Galicia por Diante Fin de Semana emitiu hoxe unha entrevista na que o xornalista conversa en castelán con Francisco Vázquez, galego e alcalde da Coruña durante 23 anos. Desde Defende a Galega reclaman unha rectificación por parte do director xeral da radio e critican o incumprimento da vocación fundacional da radio pública galega.
Entrevista en castelán ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, en castelán (Imaxe: Captura).

Entrevista en castelán ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez.

A CRTVG naceu coa misión de servizo público consistente na “promoción, difusión e impulso da lingua galega”. Así consta súa Lei de creación de 1984. Unha norma e unha vocación funcional que están a ser incumpridas na Radio Galega (RG), tal e como denunciaron as e os profesionais do ente agrupados no colectivo Defende a Galega.

O colectivo partillou hoxe nas súas redes sociais a entrevista realizada ao ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez no programa Galicia por Diante da fin de semana. O xornalista arranca dirixíndose a audiencia e mais ao seu entrevistado. Cando este resposta en castelán cambia de idioma, a pesar de que Vázquez, como galego que é, comprende e tamén fala a lingua propia do país e da RG.

Na conversa, toda ela en castelán, quen gobernou A Coruña durante 23 anos reflexiona sobre “a operación de derrube da monarquía” ou a “involución totalitaria e guerra civilismo” crecentes no Estado español.

Vázquez, que tamén foi embaixador de España no Vaticano, opúxose na súa etapa na Administración local ao uso exclusivo do nome galego A Coruña, posicionándose en contra das leis de normalización da Galiza.

Recentemente, o 27 de setembro, o mesmo programa emitiu unha entrevista integramente en castelán. Neste caso o entrevistado tamén é galego, o intensivista do Hospital Clínico de Santiago e membro do Comité de Educación que asesora á Xunta, Pedro Rascado.

“É do máis grave que sucedeu nos 35 anos da radio pública”, sosteñen en redes sociais os profesionais do ente público agrupados en Defende a Galega. “Agardamos rectificación por parte do director xeral”, agregan.

Desde a Liña do Galego, o servizo de A Mesa pola Normalización Lingüística para os dereitos lingüísticos, avanzaron que emitirán unha queixa á propia CRTVG e máis á Valedora do Pobo. Nas mesmas redes abundaron as críticas polo emprego do castelán na radio pública galega, moitas delas facendo fincapé na vocación coa que naceu a propia RG.

[Fonte:  http://www.nosdiario.gal]

O escrito de Esquerda Unida pedía que se investigase Xoán Carlos I.

Tribunal Supremo

A Sala Segunda do Tribunal Supremo presidida polo maxistrado Manuel Marchena, devolveu o escrito presentado por Esquerda Unida no que se pedía investigar o rei emérito Xoán Carlos I debido a que foi presentada en galego e « non consta tradución » do escrito.

Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galiza presentaron o pasado 12 de agosto unha querela criminal contra o rei emérito, na que solicitaban que fose « xulgado polos seus actos entre os que están sete supostos delitos: suborno, delito contra a facenda pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, branqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos e corrupción de particulares ».

Agora, a Sala Segunda do Supremo devolve o escrito alegando que o idioma galego « ten plena validez e eficacia » na comunidade, pero « debe, no entanto, ser traducido cando teña efecto fóra » dese ámbito territorial.

A coordinadora de Esquerda Unida considera que o motivo argumentado « supón unha vulneración dos dereitos lingüísticos e unha interpretación terxiversada » do contido do artigo 231.4 da lei de procedemento xudicial.

« O galego é a lingua oficial de Galiza e ten plena validez e eficacia » na xustiza, lembra Eva Solla, a coordinadora de Esquerda Unida, quen entende que resulta « unha decisión interesada e amparada nunha falta de respecto á legalidade para evitar a reapertura da querela criminal contra o rei Xoán Carlos I ».

Esquerda Unida denuncia que unha vez máis o galego supón unha pexa para a xustiza incorrendo, así, nunha vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía a expresarse na súa lingua, á vez que « supón unha interpretación terxiversada », faltando « ao respecto da legalidade de expresarse na lingua da Comunidade Autónoma ».

 

Afonso X, O Sabio nunha miniatura medieval do Libro dos Xogos / imaxe Four Gothic Kings, Elizabeth Hallam CCBy Wikimedia

Por ÍÑIGO MOUZO RIOBÓ 

O pasado 23 de novembro cumpríanse 800 anos do nacemento de Afonso X, unha das figuras máis relevantes da cultura medieval europea. É por isto que a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura prepararán unha exposición ó redor do ilustrado monarca.

Trátase da mostra Afonso X e Galicia,que explorará a faceta humana e intelectual, así como a unión de Afonso X a Galicia. A mostra estará comisariada por Antoni Rossell, e que poderá verse entre o 12 de xaneiro e o 24 de abril na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela e que itinerará despois ó Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense).

O obxectivo é poñer en valor todo o patrimonio galego vinculado coa monarquía afonsí, así como desenvolver un relato expositivo ó redor da complexa e poliédrica figura de Afonso X. Tamén sobre as Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, os instrumentos e á cultura galega da época.

Músicos nas cantigas de Afonso X / DPWikimedia

 

[Fonte: http://www.historiadegalicia.gal]

 

 

Unha publicación do Consello da Cultura Galega analiza as conexións entre as distintas linguas ibéricas.

Mapa das áreas dialectais en Entrelinguas

Mapa das áreas dialectais en Entrelinguas

Unha publicación do Consello da Cultura Galega analiza as conexións entre as linguas ibéricas co obxectivo de mostrar as interrelacións entre elas e « pór en contexto a situación do noso país e entendela mellor ».

Galego e castelán son linguas que están en contacto desde hai séculos, aínda que unha ten unha postura dominante e outra minorizada. Non é única interrelación entre idiomas na Península Ibérica, xa que tamén se fala o portugués, o asturiano, o castelán, o vasco, o aragonés, o aranés e o catalán. Amosar as interrelacións entre elas é unha das finalidades deste volume « Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica » que se pode consultar aquí, a última publicación do Consello da Cultura Galega editada por Francisco Dubert-García, Vítor Míguez e Xulio Sousa.

“No mundo hai máis linguas ca estados, polo que a situación de contacto entre elas é absolutamente normal”, asegura Francisco Dubert-García, co-editor desta publicación. “Este libro pretende amosar que existen fenómenos de contacto entre as linguas que conviven. As linguas que viven xuntas acaban por intercambiar trazos (que se adoitan clasificar como interferencias) que adoitan levantar debates identitarios sobre a pureza das variedades en contacto. Nós non pretendemos xulgar nin valorar as interferencias, nin entrar nos debates identitarios: só poñemos enriba da mesa as consecuencias lingüísticas do contacto co convencemento de que, ó analizarmos os fenómenos de cambio asociados a estes procesos, coñeceremos mellor a estrutura das linguas que estudamos”, asegura.

O USO DE TEMPOS COMPOSTOS

Un exemplo claro e próximo é o uso dos tempos compostos en Galicia. Hai galegofalantes que os usan, incorrendo en castelanismos; e tamén existe o caso contrario, castelanfalantes que empregan na súa lingua trazos de orixe galega, adaptacións de formas galegas que toma o castelán de Galicia. Por exemplo, « algúns falantes de castelán de Galicia din cousas coma “me acuerdo cuando fuéramos a Coruña’, que posiblemente é unha tradución directa ‘acórdame cando foramos á Coruña’; outros, pola contra, cambian ese fuéramos por habíamos ido, que é un uso do tempo composto que non é propio do castelán estándar », indica.

As interaccións entre o galego e castelán tamén as trata Alba Aguete Cajiao, quen amosa que existen modelos vocálicos diferenciados en función de se se vive no rural ou nas cidades e analiza a vitalidade da distinción entre e e o abertos e pechados.

Este volume parte do recoñecemento de que as linguas non son homoxéneas, senón cúmulos de variedades que tamén están en contacto entre si. Por iso, amosa posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Situación que se plasma nos fenómenos de préstamo, interferencia, transferencia e converxencia.

PRESTIXIO DAS LINGUAS

Os autores dos traballos mostran que nos procesos de contacto entre linguas inflúe o grado de prestixio das linguas implicadas, o tempo e a propia intensidade das relacións. A perspectiva desta publicación pretende amosar os factores sociais e lingüísticos, como se ven afectadas as estruturas das linguas implicadas en procesos de cambio por contacto, as interferencias e as converxencias.

O volume compila sete traballos agrupados que mostran tamén distintos enfoques sobre as diferentes posibilidades de contacto entre variedades lingüísticas que van máis alá do galego ou o castelán.

Alberto Gómez Bautista presenta os resultados do contacto do mirandés co portugués, dúas linguas cunha estrutura tipoloxicamente próxima que conviven dende hai séculos no extremo nordeste de Portugal, na rexión de Trás-os-Montes, nunha parte  do territorio da histórica rexión da Terra de Miranda.

Ramón de Andrés analiza a situación de contacto entre outras dúas linguas próximas: o asturiano e o castelán; a relación entre estas caracterízase por unha diglosia ou bilingüismo desequilibrado en favor do castelán. O traballo de Matilde Vida-Castro explora o proceso de contacto entre variedades dunha mesma lingua, como é o caso dos dialectos andaluces e do castelán estándar. Pola contra, no capítulo de Sara Gómez Seibane móstranse os resultados do contacto entre dúas linguas de tipoloxía moi diferente: o castelán e o vasco. Finalmente, Carsten Sinner escribe un traballo máis centrado na crítica metodolóxica, pois analiza como foi tratado o contacto entre catalán e castelán, para mostrar as dificultades que orixina o estudo dos fenómenos de contacto.

[Imaxe: entrelinguas.gal – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

 

 

Colar de zonchos, tradición típica do Día dos Defuntos / ahortadeartes.blogspot.com

Nenos cun colar de zonchos (castañas cocidas) visitando un cemiterio no Día de Todos os Santos / Apatrigal

Zoncho é a palabra galega para designar as castañas cocidas. Un nome como os múltiples que existen para nomear os distintos tipos de castañas, un dos produtos galegos máis importantes da gastronomía do país durante centos de anos ata que foi sendo substituída pola pataca. Con todo, a castaña segue sendo moi importante na cultura gastronómica e popular de Galicia e está asociada a moitas das nosas tradicións, entre elas, o Samaín, o Magosto ou o Nadal.

Nalgunhas zonas de Galicia, especialmente na comarca das Mariñas, existe o costume de facer colares de zonchos. É algo típico do Día de Defuntos. De feito, en Sada mesmo teñen xa a Festa do zonchos. Segundo a tradición, cada castaña comida representa unha alma liberada do Purgatorio.

Os maiores realizaban a mañá do día 1 de novembro os colares e os nenos saían á rúa con eles postos, ofrecendo os zonchos aos veciños que pasaban, para así liberar o maior número de almas posibles.

A elaboración é moi sinxela. É importante elixir castañas grandes e cocelas. Así o fixeron hai uns días no CEIP Nicolás del Río de Cedeira:

 

 

[Fonte: http://www.historiadegalicia.gal]

A rede social discrimina as e aos galegofalantes nas recomendacións de contidos, pois non contempla o idioma propio da Galiza. Isto provoca, entre outras cuestións, que na cronoloxía se impoña a axenda española fronte á galega.

Linguas para contidos relacionados.

Unha mostra dos idiomas que contempla Twitter para contidos recomendados.

Danés, divehi, esloveno, esperanto, estonio, euskera, finés, francés, galés… son moitos os idiomas que contempla a rede social Twitter para a selección de contidos recomendados, mais entre eles non se atopa o galego.

“Non hai posibilidade de dicirlle a Twitter que queres que che recomende contidos na túa lingua”, denunciaba nesta rede social o profesor da USC e escritor Manuel Gago, un dos máis especialistas na blogosfera en galego.

Unha das consecuencias de que Twitter obvie o idioma propio da Galiza nas recomendacións de contidos é que o ‘time line’ ou cronoloxía estea ateigada de informacións sobre España, e máis concretamente, debido á actualidade, sobre Madrid.

No mesmo fío, o webmaster de Código Cero, Marcus Fernández, lembraba que o galego leva anos en versión beta, é dicir, na versión preliminar.

Isto, advirte o director da publicación tecnolóxica, provoca “moitas limitacións” aos usuarios e usuarias de Twitter que queren empregar a rede en galego. “Que tampouco teñamos as aplicacións móbiles en galego é para facelo mirar, pois as traducións fainas a comunidade”, explica.

[Fonte: http://www.nosdiario.gal]