Archives des articles tagués Verbas sisudas

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Cunca de caldo galego

Cunca de caldo galego. Fonte: carlosviajero.blogspot.com

Por Xosé Antonio Pena

Para dar a entender que unha comida, ou un produto alimentario, é moi sabedor, en castelán acostuma dicirse que está de/para chuparse los dedos.

En galego, e partindo xa da base de que a utilización da forma reflexiva indirecta é incorrecta en galego (véxase unha información máis detallada ó respecto no artigo “¡Vaites + substantivo!” ou “¡Vaia + substantivo!”, en troques de “¡Menudo/a + substantivo!”), dispomos de varias secuencias expresivas que dan conta dese mesmo significado, como imos ver a seguir:

Estar de/para chuparse los dedos

{= Saber moi ben unha comida ou un produto alimentario.}

Caldo de ósos

Caldo de ósos | Fonte: colineta.com

Estar de/para lamber o(s) bico(s)

Estar de/para lamber os dedos

Estar de/para chupar os dedos

Estar de/para zugar os dedos

[E MAIS]:

Estar de/para lapar os dedos

Estar de/para lamber os peteiros

Estar de/para lamber o(s) fociño(s)

Estar de/para lamber os beizos

Estar de/para lamber a cuncha

Estar de/para lamber os barbos

Ex.: Hace un arroz con calamares que está de/para chuparse los dedos.

Fai un arroz con luras que está de/para lamber o(s) bico(s)  de/para lamber os dedos  de/para chupar os dedos  de/para zugar os dedos  de/para lapar os dedos  de/para lamber os peteiros  de/para lamber os fociños  de/para lamber a cuncha  de/para lamber os barbos.

 

● Tamén:

Estar de rechupete # de chupete

Estar de repicapaxaro && [E MAIS]: (Estar que) Chegarse ó corpo && (Estar que) Pegarse ó corpo

Ex.: Fai un arroz con luras (que está) de repicapaxaro  que se chega ó corpo  que se pega ó corpo.

 

● Tamén:

Estar de vicio && Estar de muerte # de morirse

Estar de vicio && Estar de morte # de morrer

 

● Tamén, asociada a un rexistro máis familiar ou coloquial:

(Estar que ) Comerse na cabeza dun tiñoso

Ex.: Fai un arroz con luras que está de vicio  que está de morte  que (está que) se come na cabeza dun tiñoso.

 

● E inda tamén, nesta mesma liña:

Saber que alimenta

Saber que gorenta # que dá gusto # que dá o ceo # que relouca # que alimenta # que rabia # que coroa # que esgurricha && Saber a amores # a resolio && Saber coma as noces && [SE CADRA ASOCIADAS EN MAIOR MEDIDA A CONTEXTOS DE USO MÁIS FAMILIARES E POPULARES]: Saber que leva a rabia # que mete medo # que nin o demo # que é moito saber (do Noso Señor # de María Santísima # dos santos).

NOTAS:

1. Os barbos, na secuencia expresiva estar de/para lamber os barbos, designan os “pelos longos e ríxidos que teñen os animais ós dous lados no labio superior” (blog dacerna).

E, tal e como se pode comprobar no dito blog, no seu sentido máis recto a expresión lamber os barbos vén a significar “Pasar a lingua polos labios (ou os barbos no caso dos animais) cando se agoa por unha comida”  (ou sexa, relamberse antes de comer, relamberse polo desexo de comer).

2. Mantemos desta volta, na secuencia saber que esgurricha, o verbo esgurrichar, que se viría a corresponder co normativo escorrichar.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Asociación de Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”1, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.

– Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.

– Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

– Ferro Ruibal, Xesús & Veiga Novoa, Cristina: “Paremias selectas. Un manuscrito bonaerense (1956) de Vicente Llópiz Méndez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 265-315. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

– Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.

– López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Veiga Díaz, Maite: “Pequena contribución á fraseoloxía galega”. Cadernos de Lingua, 14, 1996, páxs. 85-100.

– Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

– Vidal Castiñeira, Ana: “Un manuscrito paremiolóxico de Murguía”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 117-128. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

 

Un voluntario (i) trae comida a unha persoa (d) como parte da repartición diaria de alimentos do Comedor Social San José, en Puente de Vallecas, Madrid

Un voluntario (i) trae comida a unha persoa (d) como parte da repartición diaria de alimentos do Comedor Social San José, en Puente de Vallecas, Madrid | Fonte: Marta Fernández Jara – Europa Press

 

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Marqués de Vizhoja pon en marcha un protocolo de seguridade durante a vendima.. MARQUÉS DE VIZHOJA

Marqués de Vizhoja pon en marcha un protocolo de seguridade durante a vendima. MARQUÉS DE VIZHOJA

Por Xosé Antonio Pena

En castelán, para manifestar, normalmente a xeito de censura ou recriminación, que unha persoa actúa de xeito egoísta, querendo abarcar todo e sen querer a axuda de ninguén, para despois levar tamén para si todos os beneficios do labor feito sen compartilos, pódese botar man do enunciado fraseolóxico él/ella se lo guisa y él/ella se lo come (ou yo me lo guiso y yo me lo comotú te lo guisas y tú te lo comes; etc., en función de quen sexa o suxeito da acción). Trátase dunha secuencia expresiva que seica provén en orixe da paremia Juan Palomo, yo me lo guiso y yo me lo como.

Hoxe en día o certo é que estas expresións son empregadas en moita maior medida para sinalar a total independencia, á hora de facer unha cousa, desa persoa de quen se está a falar, indicando que é ela quen a realiza soa e sen a axuda ou colaboración de ninguén.

En galego, o eclesiástico Francisco Vázquez Saco rexistrou, no seu refraneiro, algunha paremia que dá conta do mesmo sentido, coma a de O meu veciño ten unha viña: el a cava, el a bima e el a vendima.

Él se lo guisa y él se lo come [yo me lo guiso y yo me lo como; tú te lo guisas y tú te lo comes; etc.]

{= 1. Paremia con que se recrimina o egoísmo de alguén que só mira por si e que o quere abarcar todo, actuando sen axuda de ninguén e querendo todos os beneficios para si. 2. Por extensión, paremia con que se sinala a total independencia da persoa de quen se fala á hora de facer unha cousa, indicando que a realiza ela soa e sen a axuda ou colaboración de ninguén.}

El a cava, el a bima e el a vendima [eu a cavo, eu a bimo e eu a vendimo; ti a cavas, ti a bimas e ti a vendimas; etc.]

[TAMÉN]:

El planta a viña e el a vendima [eu planto a viña e eu a vendimo; ti plantas a viña e ti a vendimas; etc.]

El fai a festa e el bota os foguetes [eu fago a festa e eu boto os foguetes; ti fas a festa e ti botas os foguetes; etc.]

● Tamén:

(Hacer # Ser) Como Juan Palomo: yo me lo guiso y yo me lo como

(Ser # Facer) Coma o meu veciño que ten unha viña: (que) el a cava, el a bima e el a vendima

Ex. (1): En la parroquia había un cura de los de yo me lo guiso y yo me lo como  un cura que era como Juan Palomo: yo me lo guiso y yo me lo como; pero tras la creación de la asociación parroquial tuvo que empezar a rendir cuentas y a no hacer y deshacer a su antojo.

Na parroquia había un cura dos de eu a cavo, eu a bimo e eu a vendimo  un cura dos de eu planto a viña e eu a vendimo  un cura dos de eu fago a festa e eu boto os foguetes  un cura que era coma o meu veciño que ten unha viña: (que) el a cava, el a bima e el a vendima; pero tras a creación da asociación parroquial tivo que comezar a render contas e a non facer e desfacer ao seu antollo.

Ex. (2): ¡Recogió Messi el balón en el centro del campo y dijo “yo me lo guiso y yo me lo como”: sorteó en carrera a cinco contrarios, regateó el portero y gol antológico!

¡Recolleu Messi o balón no medio do campo e dixo “eu a cavo, eu a bimo e eu a vendimo”  e dixo “eu planto a viña e eu a vendimo”  e dixo “eu fago a festa e eu boto os foguetes”: sorteou en carreira cinco contrarios, caneou o porteiro e gol antolóxico!

NOTAS:

1. A expresión el fai a festa e el bota os foguetes (coas súas respectivas variantes en función dos distintos suxeitos gramaticais) tamén se aplica a aquelas persoas que fan un chiste ou unha graza e que elas mesmas se rin da súa propia graza. Ex.:

Ex.: Ter non che ten sal ningún, pero ó último sempre te acabas esperrechando porque cando acaba de contar eses chistes tan malos que conta bótase a rir coma un condenado, así que el fai a festa e el bota os foguetes.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

 

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Cartas de tarot

Cartas de tarot

En castelán é habitual empregar a locución verbal ser el último mono para se referir a unha persoa que é considerada insignificante dentro dun grupo ou colectivo, ou que é a menos tida en consideración ou a que menos conta dentro dese grupo.

En galego, sen prexuízo de podermos utilizar tamén a equivalente literal desa mesma locución, dispomos así mesmo doutras, como imos ver a seguir:

Ser el último mono

{= Ser a persoa menos considerada, valorada ou apreciada dentro dun grupo ou colectivo, ou ser unha persoa considerada insignificante e que non conta para ninguén.}

Ser a última carta da baralla # a derradeira carta da baralla

Ser o restroballo && Ser o último restroballo

Ser o refugallo

Ser o último mono # a última mona

Ex.: Me voy a buscar otro empleo, porque ya estoy harto de no pintar nada y de ser el último mono en la empresa.

Vou buscar outro emprego, porque xa estou cheo de non pintar nada e de ser a última/derradeira carta da baralla na empresa  de ser o (último) restroballo na empresa  de ser o refugallo na empresa  de ser o último mono na empresa  de ser a última mona na empresa.

NOTAS:

1. As secuencias expresivas ser a última/derradeira carta da barallaser o restroballo e mais ser o refugallo tamén se utilizan para se referiren a unha persoa da que se ten moi mal concepto e que sería a última á que se recorrería para pedirlle un favor ou unha axuda, ou tamén para referirse a unha persoa que se considera baixa, vil ou desprezable:

Ex.—Disque levaba máis de dez anos dándolle malleira tras malleira á muller. —Eu xa che dixen moitas veces que ese tipo non era de fiar e que era a última carta da baralla  e que era a derradeira carta da baralla  e que era o restroballo  e que era o refugallo.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

 

[Imaxe: Pixabay – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Unha persoa pasea a tres cans polas rúas da capital en plena pandemia do coronavirus onde con máis de 1,2 millóns de casos rexistrados no mundo en persoas, a infección só confirmouse en dous cans, un ou dous gatos e unha tigresa.. Marta Fernández Xara - Europa Press

Unha persoa pasea a tres cans polas rúas da capital en plena pandemia do coronavirus onde con máis de 1,2 millóns de casos rexistrados no mundo en persoas, a infección só confirmouse en dous cans, un ou dous gatos e unha tigresa.

Por Xosé Antonio Pena

E o certo é que non será pola cantidade de paremias de que dispomos na nosa lingua para dar conta deses mesmos contidos, como imos ver deseguido (de feito, é tal o número que imos dividir este artigo en dúas entregas, a fin de facer máis doada a súa asimilación por parte do lector).

Perro ladrador, poco mordedor

{= 1. Refrán co que se dá a entender que as persoas que andan seguido ameazando, lanzando bravatas ou botando por ela, á hora da verdade non acostuman cumprir a ameaza, a bravata ou a farfantonada (e tamén co cal, en consecuencia, moitas veces se deduce que se hai que velar máis daquelas persoas que non ameazan nin fanfurriñan ou borrean ca daqueloutras que si o fan, xa que á hora da verdade as primeiras adoitan ser máis perigosas ca estas últimas). 2. Por extensión, tamén expresa que aquelas persoas que adoitan fachendear de facer moito, ou moi ben, algunha cousa, están en realidade a disimular o feito de que en verdade a fan máis ben pouco, ou bastante mal.}

Can que (moito) ladra non traba

(O) Can que ladra non morde

Can ladrador non é mordedor

Can ladrador nunca foi trabador

Can que moita ladra pouco traba # pouco morde

(O) Can que ladra non é o que morde

Ex.: ¡Bueno, hombre!: el tío, que si iba a mandar cartas a los medios de comunicación, que si iba a ir junto al director y ponerle las peras a cuarto, que si iba a ir por la vía judicial… pero al final, nada de nada. Ya se sabe: perro ladrador, poco mordedor.

¡Bueno, home!: o tipo, que se ía mandar cartas ós medios de comunicación, que se ía ir xunta o director e poñelo de cu á cota, que se ía ir pola vía xudicial… pero, ó cabo, nada de nada. Xa se sabe: can que (moito) ladra non traba  (o) can que ladra non morde  can ladrador non é mordedor  can ladrador nunca foi trabador  can que moito ladra pouco traba  (o) can que ladra non é o que morde.

 

● Tamén:

Perro ladrador, nunca buen mordedor

Can (moi) ladrador, pouco mordedor && Can ladrador, non mordedor && Can ladrador, mal mordedor && O can máis ladrador non é o máis mordedor # non é o que máis morde && (O) Can moi ladrador non é o máis mordedor # non é o que morde # non é o que máis morde && Can que moito ladra non é o que máis traba && O can que máis ladra non é o que máis traba # non é o que máis morde && O can que moito ladra non é o que máis morde && O can ladrador nunca foi o máis mordedor && O can moi ladrador nin por iso é (o) máis trabador && O can ladrador nin por iso é máis mordedor && O can máis ladrador, nin por iso máis trabador && O can (máis) ladrador non é o máis roedor

● E máis tamén:

Perro ladrador, poco mordedor y mal cazador

Can que ladra, nin morde nin caza && Can ladrador, mal cazador

● E tamén, nesta mesma liña, aplicables basicamente en situacións relacionadas coa primeira “acepción”:

O can que moito ladra nunca mal pode facer && Mentres o can ladra, non morde && Can moi ladrador, nin por iso mellor

NOTAS:

1. Lembramos que cando nalgunha paremia ou expresión introducimos parénteses o que estamos a indicar é que ou secuencias que aparecen dentro delas poden formar parte ou non da dita expresión ou paremia. Así, con can que (moito) ladra non traba o que estamos a indicar é que en realidade hai dúas secuencias fraseolóxicas, ou dúas variantes dunha mesma secuencia fraseolóxica, se se prefire:

A) Can que ladra non traba.

B) Can que moito ladra non traba.

2. Relacionadas coas paremias reflectidas neste artigo, no sentido de que indican precisamente o contrario (ou sexa, que hai que ter conta coas persoas caladas que non borrean nin botan por ela), podemos tamén reflectir varias expresións:

Gárdate do can que non ladra e do home que non fala.

Gárdate do home quen non fala e do can que non ladra.

Can pouco ladrador é mordedor.

Gárdate do gato que non miaña.

Morde e non ladra.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Ferro Ruibal, Xesús: “Refraneiro de Grou (Lobios) recollido por Bieito Fernandes do Palheiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, páxs. 241-253. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

– Luaces Pardo, Narciso: “Ditos e refráns recollidos na comarca do Ortegal”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 439-453. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

– Paz Roca, Mª Carmen: “Aportazón ao refraneiro. Coleición de refrás recollidos da tradizón oral por Lois Carré (1898-1965)”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 129-141. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Paz Roca, Mª Carmen: “Aínda novos escritos paremiolóxicos de Vázquez Saco”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 247-293. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Vázquez, Lois: “Refranero gallego. Colección hecha por el P. Gumersindo Placer López”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 143-171. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

– VV.AA.: Refráns e ditos da Ulla. Obra á que no seu día se accedeu na Rede, e que actualmente xa non se atopa dispoñible.

– Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

 

[Imaxe: Marta Fernández Xara – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

A dama da xustiza, imparcial cos ollos vendados, o poder da espada e a balanza do equilibrio e a verdade

A dama da xustiza, imparcial cos ollos vendados, o poder da espada e a balanza do equilibrio e a verdade:

Escrito por Xosé Antonio Pena

Para expresarmos que unha persoa leva un brazo ou unha man magoados de tal xeito que quedan sostidos cun pano que lle colga do pescozo, a maioría da xente galegofalante emprega hoxe en día a locución castelá en cabestrillo. Non obstante, en galego temos locucións de noso coas que manifestamos ese mesmo significado. Vexamos algunhas:

En cabestrillo

{= Sostido cunha estribeira.}

Na estribeira && Á estribeira && En estribeira

Á coleira

[E TAMÉN]:

Ó colo

Ex.: Como comprenderás, con el brazo derecho en cabestrillo, y siendo conductor, tiene que estar de baja.

Como comprenderás, co brazo dereito na estribeira  á estribeira  en estribeira  á coleira  ó colo, e sendo condutor, ten que estar de baixa.

NOTAS:

1. En relación coa locución ó colo obsérvese, por exemplo, a paremia ó brazo colo e á perna cama, tirada da obra Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa, de Xosé Luís Franco Grande.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

– Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. Edición en liña.

– Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

– Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

 

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

A libélula Diplacodes lefebvrii, coñecida comunmente como percher negro ou skimmer negro, acaba de ser atopada en Galicia

A libélula Diplacodes lefebvrii, coñecida comunmente como percher negro ou skimmer negro, acaba de ser atopada en Galicia

Por Xosé Antonio Pena

Para se referir a unha persoa á que, normalmente por carecer de todo poder e influencia, non se lle concede ningunha importancia nin mérito, non se lle presta a máis mínima atención ou non é obxecto de consideración ningunha, en castelán adóitase empregar a locución don nadie. En galego dispomos doutras locucións coas que cubrimos esa mesma designación:

Don/Doña nadie

{= Persoa á que, normalmente por carecer de todo poder e influencia, non se lle concede ningunha importancia, non se lle presta a máis mínima atención ou non é obxecto de consideración.}

Ninguén de ningures

Ninguén

Ninguén que vai para ningures

Ex.: Va por la villa pavoneándose y en realidad es un don nadie que no tiene donde caerse muerto.

Vai pola vila pavoneándose e en realidade é un ninguén de ningures  un ninguén  un ninguén para vai para ningures que non ten nin onde pousar un pé.

Ex.: ¡Esa doña nadie que no vuelva a entrar en nuestra casa!

¡Esa ninguén de ningures  ninguén  ninguén para vai para ningures que non volva entrar na nosa casa!

 

● Tamén:

Don ninguén && Xan ninguén && Xan portal && [E MESMO]: Rei Pedro

Ex.: Vai pola vila fachendeando e en realidade é un don ninguén  un xan ninguén  un xan portal  un rei Pedro que non ten nin onde caer morto.

Ex.: ¡Esa dona ninguén  xan ninguén  xan portal  rei Pedro que non volva entrar na nosa casa!

 

 

NOTAS:

1. Obsérvese que hai contextos en que as voces e locucións reflectidas no presente artigo virían a confluír coa forma castelá, hoxe en día tan usada, pringado/ano seu sentido de persoa que non goza de estima ou respecto, ou mesmo cara á que se sente menosprezo, desestima ou desconsideración, ben por ser inxenua ou doada de enganar –matiz que a día de hoxe é o único que se recolle no DRAE–; ben por carecer de carisma, iniciativa ou recursos; ben polo que sexa (deixamos fóra neste caso, e polo tanto tamén da posible confluencia coas formas recolleitas no presente artigo, o sentido de pringado/a referente á persoa que sempre panda por outros ou paga as culpas doutros, nun emprego que cadraría en moitas ocasións coa voz galega pandote).

Ó fío desta voz pringado/a, resulta evidente a “necesidade” que, cada vez en maior grao, se implanta en moitos galegofalantes do emprego de certas palabras foráneas –nomeadamente procedentes do castelán–, na medida en que unha altísima porcentaxe da información que recibimos no noso día a día (sobre todo as xeracións máis novas e urbanitas, e en xeral todas aquelas persoas que son maiormente consumidoras das redes sociais ou dos medios de comunicación de masas, nomeadamente televisión) nos chega a través da lingua castelá. Tal é así que para moita xente a partición lingüística da realidade que nos rodea (do, grosso modo, denominado “plano do significado”, botando man da teoría do lingüista Sausure), partición que o sistema comunicativo galego foi construíndo ao longo de séculos e séculos, xa non é só que vaia evolucionando ou mudando (como non podía ser menos, xa que as linguas se ven obrigadas a cambiar en función das novas mudanzas e evolucións do mundo real, a fin de se adaptaren a el), senón que en non poucos casos se ve suplantada pola partición lingüística da realidade propia do castelán.

Sen nos metermos en máis afondamentos, pois o tema daría moito de si, a voz pringado/a empregada co significado primeiramente mencionado (que, como xa indicamos, vai máis alá do reflectido no DRAE e cuxo uso xeneralizado en castelán –castelán coloquial, neste caso– non deixa de ser bastante recente) participa un pouco deste fenómeno, xa que non será pola cantidade de vocábulos (recolleitos ou non a día de hoxe no DRAG) de que dispomos en galego para designar basicamente ese mesmo concepto, ou sexa, unha persoa que non temos por merecedora de estima, respecto ou consideración ou á cal directamente menosprezamos ou facemos de menos, cos posibles matices que particularmente cada un dos ditos vocábulos deixe ou non de achegar: matado/a, chinglán/ana, (para min, que teño a variante [k] da gheada tras fonema nasal –p. ex., domincomanco da vasoira, etc.–, chinclán/ana), chaíñas (coa variante cheíñas), palleirán/ana, miñaxoia, coitado/a, malpocado/a, cheirento/a, cheirón/ona, toutizo/a, mortizo/a, pelandrán/ana, pelendre/a, pingallo/a, lapabroas, cheodemoscas (fem.: cheademoscas), merdento/a, merdeiro/a, chumpanacama, lordán/ana, varredoiro, montedemerda, papahostias…, así como tamén, para certos contextos, aquelas formas que dan conta dunha persoa moi limitada ou moi pouco espelida, coma papón/ona, paspán/ana, pánfilo/apapaverzas, papaxoubas, etc. [Nótese, en relación co que se comentaba con anterioridade da distinta partición do plano do significado entre castelán e galego, que varias destas palabras, como por exemplo papahostias, toutizo/a, mortizo/a, cheirento/a, merdento/a, merdeiro/a ou montedemerda, entre outras, tamén poden confluír en espazos de uso con insultos ou descualificacións do castelán do tipo de gilipollas ou capullo, formas estas respecto das que, á base de oílas –ou lelas– e oílas e volvelas oír, tamén fomos creando a necesidade de usalas.]

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.

– Fraseoloxía Carcamana. Dentro do blog Historia e historias da Arousa.

– Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.

– Martínez [actualmente, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Imaxe de satélite dos efectos do incendio que calcinou a parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio), na Serra de San Mamede, lugar de nacemento do río Arnoia. En negro os lugares queimados e en vermello os lugares afectados polas altas temperaturas

Imaxe de satélite dos efectos do incendio que calcinou a parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio), na Serra de San Mamede, lugar de nacemento do río Arnoia. En negro os lugares queimados e en vermello os lugares afectados polas altas temperaturas.

Para darmos conta dunha realidade en que alguén o está a pasar moi mal ou está a pasar por unha situación moi difícil e complicada, non é nada raro escoitar, na boca de persoas galegofalantes, iso de que alguén está a pasalas canutas… e non será porque en galego non dispoñamos de abondas secuencias lingüísticas que describen esa mesma situación. Vexamos algunhas:

Pasarlas canutas

Pasarlas moradas # negras # crudas

{= Pasalo moi mal, pasar por unha situación moi difícil e complicada.}

Pasalas estreitas # negras # crúas # tesas # apuradas

Pasalas moradas # amargas # tortas

Pasalas esgrevias

Ex.: Los dos en el paro, sin entrar un duro en casa, y con el hijo en el centro de desintoxicación, la verdad es que ese año las pasaron canutas.

Os dous no paro, sen entrar un peso na casa, e co fillo no centro de desintoxicación, o certo é que ese ano as pasaron estreitas  negras  crúas  tesas  apuradas  moradas  amargas  tortas  esgrevias.

Ex.: Las pasó canutas durante todo el partido para tapar las entradas del extremo contrario.

Pasounas estreitas  negras  crúas  tesas  apuradas  moradas  amargas  tortas  esgrevias todo o partido para tapar as entradas do extremo contrario.

Ex.: En época de exámenes siempre las paso canutas: continuamente en tensión y sin casi comer ni dormir.

En época de exames sempre as paso estreitas  negras  crúas  tesas  apuradas  moradas  amargas  tortas  esgrevias: decote en tensión e sen case comer nin durmir.

● Tamén:

Pasarlas peliagudas

Pasalas rabudas # peludas

Ex.: Os dous no paro, sen entrar un peso na casa, e co fillo no centro de desintoxicación, o certo é que ese ano as pasaron rabudas  peludas.

Ex.: Pasounas rabudas  peludas todo o partido para tapar as entradas do extremo contrario.

Ex.: En época de exames sempre as paso rabudas  peludas: decote en tensión e sen case comer nin durmir.

 

● Tamén, de emprego probablemente menos habitual:

Pasar las de Caín

Pasar as de Caín # as de Exipto # as de Cristo # as penas do purgatorio # os pisarallos

 

● Tamén, asociadas a ámbitos de uso moi coloquiais e/ou familiares:

Pasarlas putas

Pasalas putas

 

● Tamén, en contextos:

(Pasalas que) Ver a Deus por un burato

Ex.: Os dous no paro, sen entrar un peso na casa, e co fillo no centro de desintoxicación, o certo é que ese ano viron a Deus por un burato  o certo é que ese ano as pasaron que viron a Deus por un burato.

 

● Tamén, en contextos:

Pasarlo mal # fatal

Pasalo mal # fatal

Ex.: En época de exames sempre o paso mal  fatal: decote en tensión e sen case comer nin durmir.

NOTAS:

1. A locución ver a Deus por un burato tamén se emprega, tal e como veremos no seu día, como sinónima de ver as estrelas (=sentir unha dor física moi forte e intensa).

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

– López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Martínez [actualmente, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Real Academia Galega: Portal das Palabras (sección Mira que din).

 

 

[Imaxe: Sentinel – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Situación dos baños, sen auga e luz, nun colexio electoral en Touro

Situación dos baños, sen auga e luz, nun colexio electoral en Touro

Por Xosé Antonio Pena

Adentrándonos desta xeira no ámbito do escatolóxico e nun terreo que non se cingue ó estritamente fraseolóxico, mais dando pé ó artigo da vindeira entrega, no que abordaremos formas de dicir galegas equivalentes ás castelás mearse de risa ou desternillarse de risa, imos meternos hoxe cunha desas formas que, posiblemente por influencia do castelán, están xa plenamente introducidas no falar de moita xente galegofalante: referímonos ó uso pronominal do verbo mexar (isto é, *mexarse) para dar a entender que unha persoa expulsa os ouriños por dentro da propia roupa, uso este que, cando menos de momento, non se recolle como normativo.

Mearse

{= Expulsar unha persoa os ouriños por dentro da propia roupa cando está vestida (ou cando leva posta, polo menos, a roupa de baixo).}

Mexar por si

Ex.: Llevaba tanto tiempo aguantándome que al final acabé meándome encima.

Levaba tanto tempo a aguantar que ó final acabei mexando por min.

● Tamén:

Mearse encima && Mearse en los pantalones

Mexar por riba (súa) && Mexar polos pantalóns # nos pantalóns

Ex.: Levaba tanto tempo a aguantar que ó final acabei mexando por riba  acabei mexando por riba miña  acabei mexando polos pantalóns  acabei mexando nos pantalóns.

NOTAS:

1. Como se pode observar no exemplo, o pronome tónico reflexivo variará en función da persoa gramatical que funcione como suxeito (o cal acontece de igual xeito en castelán co pronome átono reflexivo):

Eu mexo por min. {CAST.: Yo me meo.}

Ti mexas por ti. {CAST.:  te meas.}

El/Ela mexa por si. {CAST.: Él/Ella se mea.}

Nós [Nosoutros/as] mexamos por nós [nosoutros/as]. {CAST.: Nosotros/as nos meamos.}

Vós [Vosoutros/as] mexades por vós [vosoutros]. {CAST.: Vosotros/as os meáis.}

Eles/Elas mexan por si. {CAST.: Ellos/Ellas se mean.}

Así mesmo, tamén se podería botar man, para os usos da terceira persoa gramatical (tanto en singular coma en plural), do pronome suxeito correspondente (el, ela, eles ou elas), tal e como, por exemplo, se reflicte no primeiro exemplo do DRAG (“O neno mexou por el”). Non obstante, e partindo neste caso da nosa propia experiencia persoal, dános a impresión de que o máis tradicional e enxebre é o emprego do pronome reflexivo, e non do pronome de suxeito (nós, polo menos, é a única forma que temos de expresar de xeito natural o significado aquí referido).

Seguindo igualmente esta mesma pauta que acabamos de comentar, e polo que atangue á secuencia mexar por riba súa, o posesivo (como se pode observar, posesivo de xénero feminino, inda que nalgunha ocasión máis ben illada tamén temos constatado o uso do posesivo masculino) variará en función da persoa gramatical suxeito:

Eu mexo por riba miña.

Ti mexas por riba túa.

El/Ela mexa por riba súa.

Nós [Nosoutros] mexamos por riba nosa.

Vós [Vosoutros] mexades por riba vosa.

Eles/Elas mexan por riba súa.

2. Os comentarios aquí referidos para o verbo mexar son extrapolables ós verbos (e seguimos a transitar polo terreo do escatolóxico) ouriñarcagardefecar e evacuar, mais non así a algún outro verbo deste mesmo campo semántico, como ciscar, e non digamos xa a escagarriarse ou esfurricarse, que son unicamente pronominais e xa fornecen o significado de expeler polo ano un tipo específico de excremento (en concreto, aquel que se manifesta en forma líquida ou case líquida).

3. Polo que atangue ás secuencias lingüísticas galegas equivalentes á castelá mearse de risa, habémolas ver na próxima entrega.

4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

 

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Durmindo por febre

Durmindo por febre

 

Para manifestarmos que alguén dorme ou durmiu de xeito profundo, e xeralmente tamén durante un período de tempo que se considera longo, en castelán é habitual escoitar, xunto con algunha outra, a expresión dormir como un tronco. En galego temos as nosas propias secuencias para darmos conta desa mesma circunstancia:

Dormir como un tronco

{= Durmir alguén de xeito profundo, e xeralmente tamén durante un período de tempo que se considera longo.}

Durmir coma unha pedra

[E MAIS]:

Durmir coma un cepo

Durmir coma un pancho

Durmir coma un peixe

Durmir coma un repolo

Ex.: Si sigues sus consejos a rajatabla, seguro que en menos de una semana podrás dormir toda la noche como un tronco.

Se segues os seus consellos á liña, seguro que en menos dunha semana poderás durmir toda a noite coma unha pedra  coma un cepo  coma un pancho  coma un peixe  coma un repolo.

● E tamén:

Dormir como una marmota # como un lirón # como un oso

Durmir coma unha marmota # coma un leirón # coma un oso # coma un becerro

● Mesmo tamén, sen confluír en espazos de uso coas expresións anteriores, mais si gardando relación na medida en que se usa naqueles contextos en que se fai referencia a que unha persoa dorme durante moito tempo:

Durmir máis cás mantas

● Tamén, non intercambiable coas que estamos a ver, mais si conectada con este campo, dado que se aplica a unha persoa que dorme moi moi profundamente, mesmo sen espertar inda que haxa un grande ruído ó seu redor:

Ter o sono da morte

● E igualmente sen confluír en espazos de uso, pero tamén relacionadas, pois que se usan para indicar que alguén é moi durmiñento ou que ten moita facilidade para quedar a durmir:

(Ser quen de) Durmir nas uñas dun risón # nos dentes dunha grade

NOTAS:

1. Cómpre facer notar que en contextos semanticamente pouco marcados, as expresións que reflectimos neste artigo poden confluír –e de feito conflúen– coas que veremos na entrega seguinte, que son as que se veñen a corresponder coa castelá dormir a pierna suelta.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

– Goce Denís, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

– Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.

– Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Soto Arias, María Rosario: “Novas catas no campo nocional dos peixes e outros animais mariños”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 97-123. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

 

 

[Imaxe: FREEPIK – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan gozar da súa vellez.

En galego, para expresarmos que unha persoa ten os mesmos anos ca outra podemos botar man de varias secuencias lingüísticas. Entre elas atópase a de ser de canda alguén, que segundo a nosa experiencia parécenos que é a de maior emprego nun rexistro de lingua propiamente tradicional e enxebre.

Ser de la misma edad que alguien

{= Nacer unha persoa o mesmo ano ca outra, ou ter os mesmos anos ca outra.}

Ser de canda alguén

Ser do tempo de alguén

Ser do mesmo tempo de alguén

[E MAIS]:

Ser da mesma idade ca alguén

Ex.: Que no, mujer, que estás equivocada, que Antía no es de la misma edad que Xacobe, que es mayor.

Que non, muller, que estás equivocada, que Antía non é de canda Xacobe  non é do tempo de Xacobe  non é do mesmo tempo ca Xacobe, que é máis vella.

● E tamén:

Ser de la misma quinta # del mismo año que alguien && Ser de la quinta de alguien

Ser da mesma quinta # do mesmo ano ca alguén && Ser da quinta # do ano de alguén

● E mais tamén:

Tener los mismos años que alguien

Ter os mesmos anos ca alguén

E SE NO CANTO DE QUERERMOS DAR A ENTENDER QUE UNHA PERSOA É DA MESMA IDADE CA OUTRA, DESEXAMOS MANIFESTAR QUE DÚAS OU MÁIS PERSOAS SON DA MESMA IDADE:

Ser dos o más personas de la misma edad

{= Naceren dúas ou máis persoas no mesmo ano, ou naceren con pouco tempo de diferenza entre elas inda que sexan de anos distintos.}

Seren dun tempo

Seren do mesmo tempo

[E MAIS]:

Seren da mesma idade

Ex.: Pues yo creo que los tres son de la misma edad, porque me acuerdo de que en segundo de EGB estaban en la misma clase.

Pois eu teño de min que os tres son dun tempo  que os tres son do mesmo tempo, porque lembro que en segundo da EXB estaban na mesma aula.

● E tamén:

Ser dos o más personas de la misma quinta # del mismo año

Seren dunha quinta # dun ano && Seren da mesma quinta # do mesmo ano

NOTAS:

1. Aproveitando o primeiro exemplo, observemos a forma tradicional galega de manifestar que unha persoa ten máis anos ca outra, e que hoxe en día para moita xente xa está case –ou sen case– totalmente substituída pola secuencia ser maior (ca): estamos a falar de ser máis vello (ca).

Do mesmo xeito, para indicar que se ten menos anos ca outra persoa, no canto de ser menor (ca) o máis habitual nun rexistro ligado á enxebreza, pureza e tradición lingüísticas é optar pola locución ser máis novo (ca).

Ex.: El mayor es ese que ha entrado ahora, y la menor de todos los hermanos es la que tú viste al llegar.

O máis vello é ese que entrou agora, e a máis nova de todos os irmáns é a que ti viches cando chegaches.

Así mesmo, tampouco resulta raro escoitar, se cadra asociadas en maior medida –inda que, desde logo, non exclusivamente– a empregos relacionados co mundo infantil, as locucións máis grande (ca) e máis pequeno (ca). Ex:

O irmán máis grande é ese que entrou agora, e a máis pequena de todos eles é a que viches cando chegaches.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

 

[Imaxe: canarias7 – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Rabilonga, Sapiño Comadrón, Sapo de Esporóns e a ra Estroza, parte da fauna anfibia galega afectada

Por Xosé Antonio Pena

Ás veces sáennos da alma; outras dicímolas a xeito de brincadeira ou para facer a graza. O certo é que, sexa como for, e sobre todo cando nos reunimos arredor dunha mesa para ou bo xantar ou cea ou mesmo cando estamos a tomar algo nunha taberna ou local polo estilo, dispomos de expresións abondas para dar a entender que non queremos que nos sirvan auga, senón que preferimos viño ou outro tipo de bebida alcólica. Vexamos algunhas delas:

El agua cría ranas # es para las ranas

{= Expresións con que alguén desbota utilizar auga, e sobre todo con que rexeita beber auga ou se escusa de beber auga, nomeadamente porque prefire tomar algún tipo de bebida alcólica.}

A auga estraga os camiños # desfai os camiños

A auga é para os peixes

A auga é para lavar os pés

A auga fai tolear os muíños

A auga fura a barriga

A auga fai mal e o viño fai cantar

A auga polo río abaixo vaia, e pola gorxa non caia

A (moita) auga cría ras

A auga, para as boas mozas && A auga é para as boas mozas

A auga é para as ras

A auga, para os lameiros

Ex.: ¡Agua no! Échame vino, que el agua cría ranas.

¡Auga non! Bótame viño, que a auga estraga os camiños  desfai os camiños  é para os peixes  é para lavar os pés  fai tolear os muíños  fura a barriga # fai mal e o viño fai cantar.

● Tamén:

El agua cría ranas y el vino no tiene esa maña && El agua cría ranas y pudre la madera: con el cuerpo, ¿qué no hiciera?

(A) Auga, para os peixes, e para os homes, viño a feixes && O viño dá forzas, e a auga quítaas todas

● Incluso tamén, nesta mesma liña, e quizais conferíndolle, se cabe, un maior ton de carallada e chacota:

Eu non son digno de beber a auga sen viño

● E inda tamén, en contextos (sobre todo naqueles en que se está a comer polbo):

Ó polbo, botarlle aceite, e ó estómago, viño, que de auga xa vén fartiño && O polbo vén de auga fartiño: quere aceite no prato e no estómago viño && [E NUNHA LIÑA SEMELLANTE, NOMEADAMENTE CANDO SE ESTÁ A COMER PEIXE]: Os peixes queren viño, que de auga xa veñen fartiños

NOTA:

1. Nótense as imaxes empregadas en relación cos usos, “utilidades” ou calidades da auga: a auga fai que os camiños queden estragados ou en peor estado do que estaban; nela viven os peixes; a auga, ¿para que máis a queremos ca para lavar os pés?; cando chove moito, a auga é a que fai que a moa do muíño xire (canta máis auga, máis forza; e canta máis forza, en principio xira a maior velocidade –noutras palabras, “tolea”–); etc.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ferro Ruibal, Xesús & Surribas Díaz, Noelia: “Locucións, fórmulas e paremias galegas anotadas por Couceiro Freijomil (1888-1955)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 319-355. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Losada Álvarez, Ramón & Fernández Pampín, Vanesa: “Falares de Boqueixón”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 151-213. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

– Vázquez, Lois: “Refranero gallego. Colección hecha por el P. Gumersindo Placer López”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 143-171. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Os santos nunca dormen
Os santos nunca dormen

Por Xosé Antonio Pena

Naquelas situacións en que queremos dar a entender que non imos volver facer unha cousa, ou en que queremos manifestar que cunha vez que fixemos algo xa lle chegou ben e non se vai repetir, resulta moi habitual escoitar que moita xente galegofalante recorre directamente ó castelán e di aquilo de una y no más, santo Tomás. Mais na nosa lingua contamos con expresións que revelan exactamente o mesmo. Vexamos algunhas delas:

Una y no más, santo Tomás

Santo Tomás, una y no más

Una y no más, señor san Blas

{= Fórmulas expresivas con que unha persoa dá a entender que non vai volver facer unha cousa, con que dá a entender que cunha vez xa lle chegou ben e non vai repetir.}

Unha e non máis, señor san Brais

Unha nada máis, señor san Brais

San Brais, unha vez, non máis

Ex.: Los alumnos me invitaron a un botellón y fui… pero una y no más, santo Tomás, que no le veo sentido alguno a juntarse solo para emborracharse.

Os alumnos convidáronme a un botellón e fun… pero unha e non máis, señor san Brais ‡ pero unha nada máis, señor san Brais ‡ pero san Brais, unha vez, non máis, que non lle vexo sentido ningún a se xuntaren só para se embebedar.

● Mesmo tamén:

San Brais, unha e nunca máis && San Brais, unha e non máis && Señor san Brais, unha e non máis && Unha vez, señor san Brais, pero outra nunca máis

● E inda tamén, nesta mesma liña:

Foi a primeira e a última

Ex.: Os alumnos convidáronme a un botellón e fun… pero foi a primeira e a última, que non lle vexo sentido ningún a se xuntaren só para se embebedar.

NOTAS:

1. A paremia unha nada máis, señor san Brais recóllese na obra Literatura popular de Galicia, de Saco y Arce, como unha namais, señor san Brais. Como vemos, nesta fonte emprégase a voz namais, non recollida, cando menos a día de hoxe, na actual normativa pero amplamente documentada na literatura e na fala, onde mesmo nos atopamos con algunha expresión na que (cando menos para aqueles que a usamos de xeito natural) parece que a súa mudanza pola locución nada máis se fai un tanto forzada e antinatural, coma no caso de ata dicir namais, que viría a se corresponder con ata dicir basta (por ex.: É parvo ata dicir namais).

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Dicionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.

– Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Bitácora no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

– Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Saco y Arce, Juan A.: Literatura popular de Galicia. Ano 1881. Ed. de J. L. Saco Cid. Deputación Provincial de Ourense.

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía « Verbas sisudas non queren testemuñas ».

Pebidas de ouro 

Por Xosé Antonio Pena

Cando alguén promete, quere, desexa… moita cousa, ata tal punto que consideramos que promete, quere, desexa… nunha cantidade ou intensidade que coidamos moi esaxeradas ou mesmo ilusorias, botamos man en moitas ocasións, e collida ó dereito desde o castelán, da locución el oro y el moro. Mais abofé que en galego temos –e non poucas– locucións de noso que dan conta dese mesmo contido. Vexamos varias delas:

Prometer # Querer… el oro y el moro

Prometer # Querer… montes de oro

Prometer # Querer… montes y maravillas

{= Prometer # Querer… moita cousa e nunha cantidade ou intensidade que se resultan, ou se consideran, moi esaxeradas ou mesmo ilusorias.}

Prometer # Querer… montes e moreas

Prometer # Querer… mundos e fundos

Prometer # Querer… mundos e parafundos

Prometer # Querer… o mundo e o fundo

Prometer # Querer… mundos e moreas

[E TAMÉN]:

Prometer # Querer… montes e marafontes

Prometer # Querer… sete mundos

Prometer # Querer… a mitra

Ex.: Se fue a esa empresa porque le prometieron el oro y el moro, pero al final resulta que perdió con el cambio.

Marchou para esa empresa porque lle prometeron montes e moreas  mundos e fundos  mundos e parafundos  o mundo e o fundo  mundos e moreas  montes e marafontes  sete mundos  a mitra, pero ó cabo resulta que cambiou os ollos polo rabo.

Ex.: Finalmente las negociaciones se rompieron, ya que el agente del jugador pedía el oro y el moro.

Finalmente as negociacións racharon, xa que o axente do xogador pedía montes e moreas  mundos e fundos  mundos e parafundos  o mundo e o fundo  mundos e moreas  montes e marafontes  sete mundos  a mitra.

● Tamén, nesta mesma liña, probablemente menos usadas:

Prometer # Querer… as casas da Coruña # os bens dun cura

● Tamén, asociadas a contextos de uso coloquiais, familiares e populares:

Prometer # Querer… a virxe en verso # a virxe inversa # o de Deus

Ex.: Marchou para esa empresa porque lle prometeron a virxe en verso  a virxe inversa  o de Deus.

Ex.: Finalmente as negociacións racharon, xa que o axente do xogador pedía a virxe en verso  a virxe inversa  o de Deus.

▲ TAMÉN, EMPREGADAS BASICAMENTE CO VERBO QUERER OU CON VERBOS DUN ESPECTRO SEMÁNTICO SEMELLANTE:

● Podendo dar tamén a entender así mesmo que só se queren as vantaxes, beneficios ou rendementos de algo:

Querer # Pretender # Pedir… costal y castañas

Querer # Pretender # Pedir… o santo e mais a esmola && Querer # Pretender # Pedir… a rabela # a rabela e a nai && Querer # Pretender # Pedir… o sol na porta e a auga na horta # o sol na porta e a chuvia na horta # o sol na eira e a auga na leira # o sol na eira e a auga no nabal # o sol na eira e a chuvia na nabeira # o sal na eira e a auga no horto # o sol na eira e a choiva no nabal

● Axeitadas en contextos:

Querer # Pretender # Pedir… un/unha no papo e outro/a no saco # un/unha no peto e outro/a na manga un/unha no saco e outro/a no papo # un/unha no peto e outro/a na manga && [E INDA, LIGADA A CONTEXTOS DE USO COLOQUIAIS, FAMILIARES E POPULARES]: Querer # Pretender # Pedir… que lle lavar as cuncas e que se deitar con el(a)

● E inda tamén, neste caso máis ben só co verbo querer, en menor número de contextos, e sobre todo naqueles en que se interpreta que o que se quere supón unha ambición desmesurada, un abuso ou un exceso:

Querer # Pretender # Pedir… secar o mar

Ex.: Finalmente as negociacións racharon, xa que o axente do xogador pedía o santo e mais a esmola  a rabela e nai  o sol na porta e a auga na horta  o sol na eira e a auga na leira  o sol na eira e a chuvia na nabeira  que lle lavasen as cuncas e que se deitasen con el.

NOTAS:

1. É de facer notar que as sete primeiras locucións (e incluso en ocasións tamén a de a mitra) que se reflicten no presente artigo se empregan así mesmo naqueles contextos en queremos manifestar que se produce algunha acción, ou que existe algo, nunha cantidade, calidade ou intensidade que exceden o que se considera normal ou ordinario (mesmo moitas veces empregando as ditas locucións a xeito de retranca ou de retruque, coma dando a entender que esa cantidade, calidade ou intensidade son esaxeradas de máis), ou ben que a información que se fornece –ou da que partimos– sobre algo ou alguén contén algún tipo de esaxeración. Exs.:

¿Sabes o que tal había de menciñas nesa nave? ¡Montes e moreas  Mundos e fundos  Mundos e parafundos  O mundo e o fundo  Mundos e moreas  Montes e marafontes  Sete mundos!

O seu fillo, montes e moreas  mundos e fundos  mundos e parafundos  o mundo e o fundo  mundos e moreas  montes e marafontes  sete mundos, pero foi estudar a Santiago e disque non aprobou nin unha.

—Seica poñendo ladrillo non hai quen lle empate. —¡Si, home, si, montes e moreas  mundos e fundos  mundos e parafundos  o mundo e o fundo  mundos e moreas  montes e marafontes  sete mundos!

—Non negaredes que foi o mellor xogador de toda a volta. —¡Bueno, ho, montes e moreas  mundos e fundos  mundos e parafundos  o mundo e o fundo  mundos e moreas  montes e marafontes  sete mundos, pero non pasou de segunda división B!

2. Polo que respecta á locución a virxe inversa, supomos que se trata dunha deturpación de a virxe en verso, inda que (cando menos no que á nosa percepción se refire) moito máis usada ca esta última.

3. Pola súa banda, e en relación coa expresión querer # pretender # pedir… que lle lavar as cuncas e que se deitar con el(a), é de facer notar que a persoa e tempos verbais dos verbos lavar e deitar, así como o clítico pronominal de deitar, variarán en cada contexto en función de quen sexa(n) a(s) persoa(s) ou ente(s) a quen se lle(s) faga o requirimento do que se quere, pretende ou pide…, mentres que, pola súa banda, o pronome átono que funciona como complemento indirecto de lavar e mais o pronome tónico final da expresión variarán en función de quen sexa o suxeito gramatical que realiza o pedimento ou emite a pretensión. Exs.:

Non chegaron a acordo, porque o ex-marido pedíalle que lle lavara as cuncas e que se deitara con el.

Non van chegar a acordo, porque a ex-muller estalle a pedir que lle lave as cuncas e que se deite con el.

Como non baixes as pretensións non vai poder ser, meu, porque ti o que queres é que che lave as cuncas e que me deite contigo, e non penso baixar tanto os pantalóns.

Cederemos tanto como sexa posible, pero non podedes pretender que vos lavemos as cuncas e que nos deitemos convosco # nos deitemos con vós, que tamén temos un límite.

4. Polo que atinxe á paremia querer unha no papo e outra no saco, cómpre dicir que, tal e como recollen Eladio Rodríguez ou Vázquez Saco, pode ser completada con e inda cobizar/querer o que queda no prato. Ex.:

Finalmente as negociacións racharon, xa que o axente do xogador pedía unha no papo e outra no saco… e inda cobizaba/quería o que quedaba no prato.

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

– Recolleita propia da oralidade galega.

– Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

– Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Franco Grande, Xosé Luís: Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Ed. Galaxia, 1970.

– Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Bitácora no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

– Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Losada Álvarez, Ramón & Fernández Pampín, Vanesa: “Falares de Boqueixón”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 151-213. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

– Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na mariña luguesaEn Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

– Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.


[Imaxe: Delmi Álvarez – fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]