A presidenta do Consello da Cultura Galega presentará este venres, 14 de xuño ás 20:00 horas en Gondomar, estas publicacións.

Pintura con trovadores e poetas medievais

Pintura con trobadores e poetas medievais

Consello da Cultura Galega presenta dúas novas publicacións sobre a Galicia medieval, recollidas na súa serie Gallaeciae Monumenta Historica, nas que se recollen cuestións como o uso da eñe ou a perda do galego notarial en 1522. En concreto, trátase de ‘Documentos medievais de Santa María de Baiona (1274-1531), autoría de Xulián Maure (Vigo, 1941), e a obra ‘Vos mosteiros de Santa María de Tomiño e Santa Baia de Doas na Idade Media. Estudo histórico e colección documental’, de Víctor Rodríguez Muñiz (Ramirás, 1982). A presidenta do Consello da Cultura Galega presentará este venres, 14 de xuño ás 20:00 horas en Gondomar, estas publicacións.

Os textos que figuran nos ‘Documentos medievais de Santa María de Baiona’ estiveron ata 1976 arquivados nesta igrexa, agora gardados no Arquivo Diocesano de Tui. En total, hai 55 escritos en galego, a maioría en pergamiñosTransmiten a historia da lingua propia de Galicia: desde o uso da eñe ata a perda do galego notarial en 1522. Tamén se constatan as relacións de poder entre a igrexa de Santa María de Baiona, o mosteiro de Santa María de Oia e o municipio de Oia.

Pola súa banda, chegaron ata a actualidade 68 documentos sobre os cenobios de Santa María de Tomiño e Santa Baia de Doas, datados entre os séculos XII e XVI, con notables intereses en terras de Portugal e unha tensa relación cos nobres da época, con especial atención ao coñecido apelido Soutomaior.

[Fonte: http://www.galiciaconfidencial.com]